Lourenzá, 3 de xuño de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, fixo público un bando no que anuncia que “diante da celebración das tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro co obxecto de favorece-la celebración nunhas condicións de seguridade axeitadas, disponse a adopción das seguintes precaucións de obrigatorio cumprimento: prohíbese a queima de cubertas de goma, plásticos, aceites e calquera outro material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos (ou que na súa combustión poidan xerar toxicidade); non se poderán face-las fogueiras en lugares próximos a vivendas, tendidos eléctricos, bosques ou calquera outro sitio no que poidan crearse situación de perigo e cumprir as medidas de seguridade contidas nos artigos 36 e 37 da Lei 3/2007, de 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo coa redacción da Lei 7/2012 de 28 de xuño de 2012 de montes de Galicia, en relación aos terreo. forestais e zonas de influencia forestal, en redacción dada pola Lei 9/2017, de 26 de decembro; cada fogueira deberá ter un ou varios responsables que deberán solicitar nas oficinas municipais ata o día 19 de xuño de 2026 o permiso para a mesma”.
Tamén explica que “os responsables organizadores de cada fogueira, ó remate da mesma, serán os encargados de efectua-la retirada da vía pública dos restos da queima; non se poderán facer queimas sobre pavimento asfáltico, co obxecto de evita-lo seu deterioro; con exceso de vento queda prohibido prender fogueiras; nos casos de que o índice de risco diario de incendio forestal sexa extremo o día da celebración, se entenderán revogadas as autorizacións emitidas con anterioridade; e o incumprimento das condicións indicadas ou as queixas veciñais poderán implica-la extinción da fogueira polo servizo de extinción de incendios”.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



