Cervo, 3 de xuño, 2026. O Comité de Empresa de Alúmina-Aluminio San Cibrao fixo público un cronograma detallado sobre o proceso de denuncia relacionado co incumprimento do acordo de viabilidade para a construción do forno de cocción. A entidade sindical explica que a difusión deste documento busca “erradicar malentendidos e bulos” arredor dun conflito que se prolonga desde 2021.
Segundo o cronograma, o primeiro acordo data de decembro de 2021, cando se pactou a fabricación dun forno de cocción cun custo estimado por Alcoa de 42 millóns de euros, cifra que xa daquela foi advertida como insuficiente. En marzo de 2023 asinouse un segundo acordo, no que se modificaron prazos e se incrementou o orzamento nun 150% respecto ao inicialmente exposto pola empresa.
En novembro de 2023, Alcoa comunicou que non realizaría o fulls funds, o que supuxo a paralización da obra sen data concreta e o adiamento da súa execución ata, polo menos, 2028.
O Comité lembra que en xuño de 2025 aprobou denunciar o incumprimento do acordo, decisión que se reforzou en sesións posteriores co estudo de ampliar a demanda e coa aprobación formal do proceso xudicial en setembro dese mesmo ano. En outubro de 2025 solicitouse unha mediación no AGA, que non prosperou pola negativa da empresa a participar, o que levou ao arquivo do expediente en decembro.
En febreiro de 2026 presentouse a papeleta de conciliación no SMAC e, un mes despois, celebrouse o acto previo ao xuízo. Nesa sesión, o Comité e a CCP adheríronse á demanda impulsada inicialmente por CCOO e CIG, mentres que Alcoa rexeitou negociar. Como consecuencia, a denuncia foi presentada no xulgado e o xuízo quedou fixado para o 15 de decembro, salvo que a empresa cumpra antes co acordo.
O Comité tamén lembra que o Estado concedeu 40,4 millóns de euros para o forno de cocción a través dun PERTE cun investimento total previsto de 134 millóns. Destaca que, a diferenza da primeira fase do programa —na que non existía demanda e Alcoa non solicitara axudas—, nesta segunda fase si hai un procedemento xudicial en marcha.
O documento está asinado e selado polo Comité de Empresa de San Cibrao.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



