A Mariña, 14 de xuño de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC) organizan para o vindeiro mes de xullo un curso de verán baixo o título Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento competitivo, o lanzamento de produtos, a dixitalización e o comercio electrónico ou a fiscalidade do emprendemento”.
A dirección do curso asúmea Antonio García Lorenzo, profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, natural do Valadouro; e a secretaría Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade de Concellos.
O prezo do curso é de 50 euros para o público xeral, tamén o profesional, habendo un prezo reducido de 30 euros para a comunidade da UDC, alumnado universitario, persoas desempregadas e pensionistas. Asemade, resérvanse prazas gratis para o alumnado bolseiro dos Cursos de Verán 2026 da UDC, estando aberto o prazo para a solicitude destas bolsas ata o día 15 de xuño de 2026.
A asistencia a este curso de Emprender no sector turístico na Mariña Lucense será recoñecida como créditos nos estudos de grao, que se convalidarán segundo o plan de estudios de cada titulación.
As prazas son limitadas (50), polo que as persoas interesadas en asistir deben formalizar a matrícula a través do seguinte enlace:
https://udcxest.udc.gal/xest/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4075&_gl=1*rjyyl9*_ga*MTg5MDc0MzkyNi4xNzc4NjYwMzg2*_ga_PKZEC02YMQ*czE3Nzg2NjAzODYkbzEkZzAkdDE3Nzg2NjAzODYkajYwJGwwJGgw
PROGRAMA
Luns, 6 xullo
16:00-21:00 h
Inauguración.
Modelo de negocio, estratexia e posicionamento competitivo.
Paloma Vázquez Fernández. Xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.
Verónica Ramallal Trevín. CEO da axencia de marketing dixital Pekecha.
Martes, 7 xullo
16:00-21:00 h
Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos.
Tania Hermida Varela. Axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
Eva Sánchez Amboage. Profesora do departamento de Empresa da UDC e experta en promoción de destinos turísticos.
Mércores, 8 xullo
16:00-21:00 h
Avaliación financeira.
Diego García Pérez. Profesor asociado da UDC e empregado de institución financeira como analista de riscos, especialidade sector turístico e agroalimentario.
Francisco Lago García. Asesor de emprendemento.
Xoves, 9 xullo
16:00-21:00 h
Fiscalidade do emprendemento.
José Manuel Barreiro Viñán. Profesor do departamento de Economía da UDC e socio da consultora BV Asesores.
Lorenzo Cornide García. Asesor Fiscal de BFL Consulting Empresarial.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



