Ribadeo, 13 de xuño, 2026. UCIN Galicia denunciou este venres o que considera un “abuso institucional e administrativo” por parte do Goberno municipal de Ribadeo, despois de recibir un requirimento de emenda relativo á solicitude para instalar unha carpa informativa na rúa Rodríguez Murias.
Segundo o escrito remitido polo Concello, a formación debería achegar documentación como os estatutos do partido, o CIF, os acordos de nomeamento do presidente nacional e do coordinador autonómico, a identificación dos responsables políticos e diversa documentación técnica sobre a carpa.
Desde UCIN aseguran que estas esixencias superan amplamente os requisitos habituais para autorizar unha ocupación temporal da vía pública con fins informativos.
O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, expresou a súa indignación e cualificou a actuación municipal de “desproporcionada e impropia dunha administración que debería actuar con neutralidade”.
Segundo afirma, a instalación dunha mesa ou carpa informativa é unha práctica común en concellos de toda España e considera “sorprendente” que se solicite documentación interna da organización para unha autorización deste tipo.
Calo sostén que pedir estatutos, nomeamentos internos ou documentación persoal de responsables políticos para colocar unha carpa “resulta totalmente desproporcionado” e dá a sensación de que se pretende “dificultar a actividade de UCIN en Ribadeo”.
Críticas directas ao alcalde
O responsable autonómico acusou tamén ao alcalde de Ribadeo de empregar os recursos municipais para crear obstáculos administrativos.
“A prioridade do alcalde debería ser resolver os problemas reais dos veciños, non levantar barreiras burocráticas contra quen exerce unha labor de oposición e control democrático”, afirmou.
UCIN lembra que os partidos políticos teñen recoñecido constitucionalmente o dereito a participar na vida pública e a trasladar as súas propostas á cidadanía, polo que consideran que as administracións deben facilitar o exercicio destes dereitos dentro da legalidade.
A formación asegura que cumprirá cos trámites que correspondan, aínda que analizará o expediente para comprobar se o requirimento municipal respecta os principios de proporcionalidade, igualdade de trato e boa administración.
“Non nos van intimidar”
José Luis Calo advertiu de que UCIN non renunciará á súa presenza pública nin á súa actividade política na Mariña.
“Seguiremos nas rúas, escoitando aos veciños e defendendo os seus intereses. Ningunha presión burocrática vai impedir que UCIN continúe traballando por unha política máis transparente e próxima á cidadanía”, concluíu.
A formación reclama ao Goberno municipal de Ribadeo “respecto á pluralidade política e ás regras democráticas” e pide que todas as organizacións reciban o mesmo trato por parte da Administración local.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



