O voceiro socialista lembra que o Abadín CF vén de ascender a Segunda Galicia e pide ao Concello que estea á altura do esforzo do club
Abadín, 13 de xuño de 2026. O PSdeG de Abadín acusou ao Goberno local do Partido Popular de ter abandonado o campo de fútbol municipal e reclamou ao alcalde, José María López Rancaño, que actúe de inmediato para garantir un mantemento adecuado das instalacións deportivas.
O voceiro socialista, Pablo Díaz, denunciou que o recinto presenta importantes deficiencias, tanto na contorna como nos accesos e elementos exteriores. Entre elas, sinalou a presenza de maleza sen desbrozar arredor do campo, valados e accesos rotos, así como pintura descascada e zonas claramente deterioradas pola falta de conservación.
“Non estamos falando dunha cuestión estética. Estamos falando dunhas instalacións públicas que utilizan deportistas, familias, afeccionados e veciñanza, e que hoxe ofrecen unha imaxe de abandono absoluto que Abadín non merece”, afirmou Díaz.
O voceiro socialista subliñou que esta situación resulta aínda máis preocupante despois de que o Abadín CF lograse o ansiado ascenso a Segunda Galicia. “O equipo fixo un esforzo enorme para volver competir nunha categoría superior, e agora van acudir ao noso concello clubs e afeccións doutros municipios. O mínimo que pode facer o PP é estar á altura e ofrecer unha imaxe digna do noso concello”, apuntou.
Díaz criticou que Rancaño “ten abandonado Abadín” e lamentou que esa falta de xestión tamén se vexa nas instalacións deportivas. “O PP abandona o campo de fútbol igual que abandona o resto dos servizos públicos. Hai unha deixadez evidente, unha falta de planificación e unha ausencia total de coidado polo que é de todos”, censurou.
Dende o PSdeG reclaman ao Goberno local do Partido Popular que acometa de forma urxente os traballos necesarios de desbroce, reparación de valados e accesos, mellora da pintura e mantemento xeral do recinto. “Abadín merece unhas instalacións deportivas en condicións, seguras e cunha imaxe acorde co esforzo do club, da afección e da veciñanza”, concluíu Pablo Díaz.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



