A Mariña, 4 de xuño de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está presente na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro 7 de xuño na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda. A entidade participa por primeira vez neste foro turístico, fortemente vinculado ao medio rural e que este ano chega á súa 48ª edición. Trátase dun punto de encontro principal no noroeste peninsular cunha gran capacidade para xerar negocio, interacción e información sobre o sector turístico, tanto a nivel nacional como internacional.
A Mancomunidade está presente cun stand situado no pavillón 2 no que se atenderá a todas as persoas que se acheguen na procura de información sobre o destino. Ademais, o persoal técnico da Mancomunidade aproveitará para establecer sinerxias no obxectivo de consolidar o destino turístico.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, dixo que “no marco desta feira, desde a Mancomunidade buscamos captar a mercados de interese para o destino promovendo estadías principalmente fóra de temporada e vinculadas a súa enorme riqueza cultural e natural, dous valores turísticos claves da Mariña. Asimesmo, a entidade comparte as múltiples posibilidades que ofrecen os seus municipios para o turismo activo, de natureza, aventura e deportivo, sen deixar de lado a gastronomía ou a artesanía, outros dos seus piares básicos”.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña tamén defende en TUREXPO un modelo de turismo integrador, responsable e sostible, no que os visitantes poidan gozar de todos os seus activos turísticos, sempre respectando os recursos dispoñibles.
Feiras de turismo
A participación da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en TUREXPO pon de manifesto o compromiso e o esforzo da entidade para ter presenza nos principais puntos de encontro sobre turismo do país, avanzando así na promoción do destino e na xeración de alianzas para a consolidación dun modelo turístico sostible.
Baixo estas mesmas premisas participou neste mes de xaneiro en FITUR en Madrid, no punto de encontro que move o turismo internacional en España, no que aproveitou para protagonizar un acto de sentido homenaxe ás Carolas; e en novembro de 2025 estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Interior INTUR, en Valladolid, na que se concentra un público potencial de gran interese para o xeodestino.
O seu paso por estas feiras de turismo está tendo lugar no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña, cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



