Burela, 10 de setembro de 2026. O Grupo Municipal Popular advirte de “varios feitos insólitos” este mércores no Pleno extraordinario do Concello de Burela. Por unha banda, o prazo de antelación para a súa convocatoria: “era a primeira vez que se convocaba con menos de 24 horas”. E, por outra, o motivo: “unha posible nova irregularidade na tramitación dun expediente de contratación, concretamente do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), por parte do goberno local”.
De feito, tamén “é a primeira vez que o TacGal, o Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia, reclama documentación ao Concello de Burela pola posible tramitación irregular dunha licitación pública”.
O portavoz, Manuel Rouco, sinala que “no pleno de onte os veciños e veciñas de Burela tiveron a posibilidade de comprobar que as formacións sindicais xa empezan a ver o mesmo que leva apreciando o Grupo Municipal Popular ao longo de todo este mandato: as continuas anomalías na xestión, por chamalo dalgún modo, que está a ter o goberno de López Moreno á fronte do Concello”.
O sindicato CCOO emitiu unha denuncia contra os pregos da licitación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar porque consideraba que se poderían estar a vulnerar os dereitos laborais dos traballadores e das traballadoras. “Non só temos un SAF que se está a prestar en Burela de forma ilegal, xa que o contrato que os regula venceu fai case dous anos e a empresa está a facer unha prestación do servizo contrario á lei; senón que nestes dous anos o goberno de Dona María del Carmen López Moreno non foi quen de preparar unha documentación acorde á lexislación vixente, tal e como se pode deducir pola denuncia sindical feita”.
Os populares tamén condenan “as novas faltas de educación plenarias mostradas pola alcaldesa que non parou de interromper ao portavoz do Partido Popular porque simplemente non lle gustaba o que dicía. Para iso intentou empregar unha burda táctica para impedir desenvolver o seu argumentario que, por suposto, non funcionou”.
Así mesmo, advirten que “a señora López Moreno deu un paso máis alá froito da súa actitude autocrática” ao presentar un expediente que se vai a remitir o TacGal, un informe técnico para opoñerse ás súas reclamacións sindicais, que non ía asinado por ninguén; algo realmente asombroso”. A rexedora indicou aos alí presentes que ela era a persoa competente para facelo.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular cren que, “tendo en conta todo isto, os veciños a veciñas de Burela deberiamos preguntarnos se esta é a persoa axeitada para que siga a gobernar a nosa vila”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



