Lourenzá, 4 de xullo de 2026. O Concello de Lourenzá pon en marcha este verán unha nova iniciativa “para dinamizar a Praza do Concello e convertela nun punto de encontro para veciñanza e visitantes. Baixo o nome de Verán na Praza, a programación reunirá actividades culturais, deportivas, musicais e de lecer que se celebrarán ao longo dos mércores dos meses de xullo e agosto. Esta nova proposta súmase á programación habitual do verán e nace co obxectivo de facer da praza un espazo vivo, aberto e participativo, pensado para persoas de todas as idades”.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica: “ademais da programación habitual, este ano quixemos dar un paso máis e crear unha iniciativa propia que lle dea vida á Praza do Concello durante todo o verán. Queremos que cada mércores sexa unha oportunidade para saír á rúa, compartir tempo en familia, atoparse cos amigos e desfrutar das propostas que ofrecerán as nosas asociacións”.
O Concello de Lourenzá salienta que “un dos aspectos máis destacados do programa é precisamente a implicación do tecido asociativo do municipio. Serán as propias asociacións de Lourenzá as encargadas de organizar gran parte das actividades, mostrando o importante labor que realizan durante todo o ano e achegando propostas moi variadas para todos os públicos”. E agradece “expresamente a implicación e boa disposición de todas elas, xa que sen a súa colaboración sería imposible sacar adiante unha iniciativa destas características”.
Con esta programación o Concello de Lourenzá busca que “a Praza do Concello se converta cada mércores nun espazo de convivencia, participación e lecer, consolidando un programa que nace coa vocación de crecer nas vindeiras edicións”.
Verán na Praza inclúe actividades como xogos en familia, baile tradicional, rutas, actividades ecuestres, educación viaria, deporte, música, espectáculos, presentacións de libros e festivais, “conformando unha programación variada para desfrutar do verán en Lourenzá”.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



