Raquel Ferreira denuncia que, tras un elevado investimento de cartos públicos, a instalación segue a sufrir importantes deficiencias e os problemas persisten
Ribadeo, 3 de xullo, 2026. O BNG de Ribadeo denunciou o “fiasco e a nula eficiencia” na xestión das obras do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño. A formación nacionalista considera “intolerable” que, tras un investimento de 190.000 euros de fondos públicos, a intervención se limitase a un lavado de cara superficial que mantén as mesmas deficiencias estruturais e non cumpre cos compromisos adquiridos co tecido deportivo local.
A concelleira do BNG, Raquel Ferreira, lembrou declaracións previas do alcalde, Daniel Vega, quen en varias ocasións empregou a mofa para criticar o estado da instalación, chegando a afirmar que “existían máis caldeiros dentro do pavillón que en todo Ribadeo”.
“Agora a ironía volveuse na súa contra”, sinalou Ferreira. “Despois de gastar 190.000 euros de cartos públicos, os problemas seguen sen solucionarse. Os clubs e as familias continúan esquivando a mesma colección de caldeiros porque o goberno non foi quen de resolver as filtracións nin as deficiencias da cuberta”.
O BNG subliña que a falta de eficacia vai máis alá das filtracións. Lembra que o goberno do PP anunciara unha reforma integral que ía poñer fin ao deterioro xeral do pavillón, pero que a maioría das actuacións anunciadas “a bombo e prato” non tiveron efecto real.
“Venderon unha renovación histórica e o que fixeron foi unha chapuza. Onde están as melloras prometidas? En que se gastaron exactamente os 190.000 euros se o pavillón segue igual?”, cuestionou Ferreira, quen definiu o proxecto como un exemplo de “propaganda sen xestión”.
A formación nacionalista considera que este caso evidencia unha falta de rigor e supervisión por parte do goberno local. “Imos pedir explicacións sobre por que se deu por boa unha obra que non responde ás necesidades reais das persoas usuarias. Ribadeo merece infraestruturas deportivas dignas e un goberno que se tome en serio o diñeiro da veciñanza. Agardamos que o alcalde non se desfixera dos caldeiros dos que tanto falaba, porque aínda os necesita”, concluíu Ferreira.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



