A Presidenta da Deputación de Lugo participou este venres no pregón inaugural, a cargo de Valentín García Gómez, que marca o inicio dunha cita que se celebrou durante toda a xornada do sábado con numerosas actividadesón
Lugo, 24 de xullo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este venres no inicio da IX Romaxe Viquinga do Vicedo, a cita que se celebra hoxe e mañá neste municipio mariñán e que conta cunha colaboración por parte da institución provincial -para este evento e outras propostas turísticas- de 19.000€ a través do Plan Deputación. A mandataria asistiu ao pregón inaugural, que tivo lugar na Casa da Cultura, a cargo de Valentín García Gómez.
Carmela López recordou que esta “é unha das celebracións que mellor representan a capacidade dos nosos concellos para poñer en valor o patrimonio e fortalecer a súa identidade. Ao longo de nove edicións O Vicedo conseguiu que esta festa medrara sen perder a súa esencia”. Avanzou tamén que é unha celebración “profundamente vencellada á súa historia e á súa xente, pero tamén é un motor turístico e económico para a Mariña e para todo o conxunto da provincia”.
“Na Deputación de Lugo entendemos que apoiar iniciativas coma esta é apostar por un modelo de desenvolvemento que nace do territorio. Cando un concello impulsa proxectos con personalidade propia, está xerando actividade económica, fortalecendo o tecido social e creando oportunidades” sinalou a mandataria quen tamén felicitou “ao Concello, ás asociacións, ás persoas voluntarias e a toda a veciñanza que fan posible esta Romaxe”, rematou.
Tras o pregón inaugural tivo lugar un pasarrúas e diferentes exhibicións amenizadas pola Banda de Gaitas ACM Dambara de Burela. A programación continuou o sábado coa apertura do campamento viquingo e cristián e o tradicional desembarco viquingo na Praia de San Román, un dos actos máis representativos desta celebración. Ademais, tamén houbo xogos tradicionais, actuacións musicais e numerosas propostas pensadas para todos os públicos que conseguiron atraer a milleiros de visitantes ata O Vicedo.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



