Burela, 24 de xullo, 2026. Raid Sbaa Boutraba (Pamplona, 2001) continuará formando parte do proxecto burelista 2026-27. O ala internacional con Marrocos cumprirá a súa segunda tempada na Mariña, despois de converterse nunha das pezas clave na reconstrución do equipo impulsada por Juanma Marrube desde a súa chegada en xaneiro, procedente da liga italiana.
Coa continuidade de Raid, son xa catro os xogadores confirmados na estrutura do Mariskal, xunto ás renovacións do capitán Pitero e de Izan, ademais da incorporación do porteiro hispano-brasileiro João Victor.
O dorsal 11 laranxa amosou unha rápida adaptación ao Reyco Burela FS e asegura sentirse plenamente integrado: “Tiven unha grande acollida por parte do equipo, confianza do corpo técnico e do club. A clave da boa evolución da tempada estivo no traballo constante que realizamos todos no día a día”, sinala o xogador.
Raid destaca tamén a importancia de construír un bloque sólido desde o inicio da pretempada: “Estamos a formar un bo grupo, con renovacións importantes. Igual que pasou en xaneiro, os que seguimos no club faremos o posible por facilitar a adaptación dos novos compañeiros, agora co condicionante positivo de ter toda unha pretempada por diante para coñecernos, facer equipo e interiorizar, puír e perfeccionar os conceptos tácticos que nos guiarán polo bo camiño”.
O internacional marroquí afronta o novo curso con ambición e vontade de seguir medrando na Familia Laranxa: “Esta tempada verase un Raid con moita ambición por mellorar e dar un pasiño adiante na categoría, achegando o máximo ao equipo co que sempre me caracterizou: humildade e traballo”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.

