Viveiro, 27 de xullo, 2026. O vindeiro mércores 29 de xullo, unha alumna do IES O Perdouro de Burela vivirá unha auténtica xornada de traballo a bordo do pesqueiro Virxen do Rocío, achegándose de primeira man á realidade do sector marítimo-pesqueiro galego.
O proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” continúa desenvolvendo unha das súas actividades máis representativas cun novo embarque formativo, que terá lugar o vindeiro mércores 29 de xullo, ás 07:00 horas, no territorio do GALP A Mariña-Ortegal.
A experiencia permitirá a unha estudante do IES O Perdouro de Burela, embarcar no pesqueiro Virxen do Rocío, patroneado por Miguel Ángel, desde o porto de Burela, para compartir unha xornada real de traballo xunto aos profesionais do mar e coñecer de primeira man o día a día da actividade pesqueira.
Ao longo da xornada, poderá descubrir como se organiza o traballo a bordo dunha embarcación profesional, coñecer as tarefas que desenvolve a tripulación e achegarse á realidade dun sector estratéxico para Galicia, no que tradición, coñecemento do medio mariño, innovación e sustentabilidade van da man.
Os embarques constitúen unha das accións máis destacadas do proxecto, xa que permiten ao alumnado vivir experiencias reais xunto aos profesionais do mar, coñecer as diferentes saídas laborais do sector marítimo-pesqueiro e descubrir, desde dentro, o valor dunhas profesións esenciais para o futuro das comunidades costeiras galegas.
Impulsado conxuntamente polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, o proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” ten como obxectivo fomentar o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro, achegando a mocidade á realidade destas profesións e promovendo a Formación Profesional Dual como unha vía de acceso a un emprego cualificado e con futuro.
Tras esta nova experiencia na Mariña-Ortegal, os embarques continuarán desenvolvéndose no resto dos territorios GALP de Galicia, ofrecendo a novos estudantes a oportunidade de descubrir, desde dentro, as múltiples posibilidades profesionais que ofrece o mar.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


