Ribadeo, 8 de marzo de 2026. Faro Norte Comunicación agradece a participación e a asistencia ao parladoiro feminino Experiencias de vida, celebrado onte no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.
A empresa de comunicación ribadense quixo conmemorar o seu 18 aniversario arredor do 8M co obxectivo de renderlle homenaxe á muller compartindo experiencias de vida das 18 mulleres que acudiron a esta cita: Carmela López, presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela; Rocío López, alcaldesa de Lourenzá e presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña; Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade; Efigenia Maseda, alcaldesa de Alfoz; Begoña Sanjurjo, primeira tenente de alcalde do Concello de Ribadeo; Inés López, primeira tenente de alcalde do Concello de Foz; Ana Díaz, presidenta de A Sucadoira; as empresarias María José Ríos, Pura García, Susana Sanz, Beatriz Irigoyen e Carmen Cruzado; Raquel Hermida, docente e coach; María Ron, directora do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo; Chus Vizcaíno, subdirectora de ABanca en Ribadeo; Fé Rodríguez, xubilada e unha das primeiras alcaldesas da provincia de Lugo hai máis de trinta anos; Natalia de Oliveira, traballadora por conta allea e inmigrante; e Maribel Martín, xubilada e emigrante retornada.
Desde Faro Norte “queremos darlles as grazas a cada unha das convidadas pola súa participación e por compartir as súas vivencias entre todas e co público asistente”. Todas recibiron un agasallo conmemorativo do 18 aniversario de Faro Norte Comunicación. O público foi obsequiado cun detalle e entre todas as persoas asistentes foi sorteada unha lámina coa imaxe da Torre dos Moreno, da galería Terra Branca, que lle tocou a unha veciña de Ribadeo.
Faro Norte Comunicación agradece a colaboración do Concello de Ribadeo, Terra Branca, Bombones Moreno e A Mariña Asesores: grazas a todos polo seu apoio “nunha data tan importante para nós”.
A empresa ribadense, dedicada á comunicación, á publicidade, á locución e ao asesoramento mediático, está formada por Beni Mántaras e por Carmen Cruzado. Conta con Faro Ocio Norte, publicación dixital dedicada ao ocio, e edita anualmente A Gaceta Ribadense, coincidindo coa celebración do Ribadeo Indiano.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



