A Mariña, 6 de xullo de 2026. A antiga escola de San Cosme de Barreiros acolle desde hoxe e ata o vindeiro xoves, 9 de xullo, o curso de verán Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC). A formación, dirixida tanto a público en xeral como profesional, ten como principal obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento, pensando especialmente no territorio da Mariña.
A inauguración deste curso de verán tivo lugar a primeira hora da tarde da man de Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade; Rocío López, alcaldesa de Lourenzá e presidenta da Mancomunidade; e Antonio García, profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC e director do curso. A continuación desenvolvéronse as primeiras participacións da xornada de hoxe, baixo o título Modelo de negocio, estratexia e posicionamento competitivo, a cargo de Paloma Vázquez Fernández, xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; e Verónica Ramallal Trevín, CEO da axencia de marketing dixital Pekecha.
Turismo e formación
Nos catro días que se prolonga este curso de verán as persoas participantes traballarán, a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento competitivo, o lanzamento de produtos, a dixitalización e o comercio electrónico ou a fiscalidade do emprendemento.
O curso celebra este ano a súa primeira edición, en palabras de Rocío López “desde a Mancomunidade e a Universidade da Coruña entendemos que A Mariña está a vivir un momento moi positivo desde o punto de vista turístico. Nos últimos anos o destino foi gañando notoriedade, aumentou o número de visitantes e cada vez hai máis persoas interesadas en desenvolver proxectos vinculados ao turismo. Pero ese crecemento tamén require planificación e profesionalización”.
Nesta liña, explicou que o curso nace desa necesidade de impulsar accións para que as persoas que decidan emprender “o fagan coas maiores garantías posibles, contando cos coñecementos, as ferramentas e a información necesarias para construír proxectos sólidos, viables e adaptados á realidade do territorio”.
Tal como indicou a presidenta da Mancomunidade “emprender en turismo vai moito máis alá de ter unha boa idea. É necesario coñecer o mercado, entender quen son os clientes, analizar a competencia, definir un modelo de negocio, saber como comercializar un produto, coñecer a normativa ou incorporar aspectos como a dixitalización e a sostibilidade desde o primeiro momento”.
Ademais López salientou que “é bo momento para xerar espazos nos que a universidade, a administración e os profesionais do sector compartan coñecemento e experiencias, conexión entre o ámbito académico e a realidade empresarial que é precisamente un dos valores engadidos deste curso”.
En definitiva, trátase dunha iniciativa de formación coa que contribuír a que o emprendemento turístico en A Mariña sexa “un emprendemento de calidade, que xere oportunidades económicas, pero tamén valor para o territorio e para as persoas que viven nel, favorecendo un desenvolvemento turístico sostible e a longo prazo”.
O emprendemento no sector turístico da Mariña supón un dos principais valores, xa que conxuga o coñecemento profundo do espazo coa creación de novos produtos e servizos que enriquecen a oferta e contribúen á desestacionalización dos fluxos turísticos.
A dirección do curso que hoxe comeza asúmea Antonio García Lorenzo, profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, natural do Valadouro; e a secretaría Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade de Concellos.
A asistencia a este curso de Emprender no sector turístico na Mariña Lucense está recoñecida como créditos nos estudos de grao, que se convalidan segundo o plan de estudios de cada titulación.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



