Foz, 23 de abril, 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense participou este xoves na presentación oficial da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña, unha entidade que nace co obxectivo de fortalecer o sector artesán da comarca mediante a cooperación, a profesionalización, a formación e a innovación. A nova asociación aspira a impulsar a viabilidade económica dos obradoiros, promover a comercialización da artesanía e reforzar a súa vinculación co territorio, a sostibilidade e o turismo cultural do xeodestino.
A creación desta entidade culmina un proceso iniciado en 2011 coa posta en marcha dun rexistro de artesáns e artesás, co que a Mancomunidade buscaba situar a artesanía como un atractivo turístico da Mariña. A partir dese momento desenvolvéronse iniciativas como o proxecto Alma de Artesanía, posteriormente Rutas de Artesanía e hoxe A Mariña Artesá, que fomentaron o traballo en rede entre profesionais do sector e axentes turísticos, xerando experiencias vinculadas á identidade local e ao orgullo de pertenza.
Co paso dos anos, este traballo consolidouse nun produto turístico estruturado e sostible, centrado na experiencia e na participación activa do visitante. A reflexión realizada en 2023, no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino e da Estratexia de Marketing da Mariña Lucense, permitiu definir un plan de acción orientado a reforzar a artesanía como recurso identitario, mellorar a súa promoción e avanzar na gobernanza do sector. Froito deste proceso, e da colaboración continuada entre a Mancomunidade e o colectivo de artesáns, xorde agora a nova asociación profesional.
O acto de presentación celebrouse no Cenima e contou coa participación da presidenta da Mancomunidade, Rocío López; o alcalde de Foz e deputado da Área de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto; o presidente da nova asociación, Marcelo Scapinachis; e a xefa de área provincial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, ademais de representantes municipais, asociacións de comerciantes, servizos turísticos e numerosos profesionais da artesanía.
Na súa intervención, Rocío López destacou que A Mariña Artesá representa “un modelo turístico sostible baseado na identidade local, na calidade e na participación”, e subliñou que a colaboración institucional e a planificación permitiron converter a artesanía nun motor de desenvolvemento. Agradeceu o apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia a través dos convenios anuais de turismo, e felicitou ao novo colectivo pola súa constitución, que cualificou como “un paso clave para a defensa, promoción e dignificación da nosa artesanía”.
A presidenta lembrou tamén as accións impulsadas nos últimos anos: encontros co sector para elaborar o plan de acción, coordinación cos organismos de artesanía de Galicia e da provincia, o estudo e caracterización da artesanía da Mariña, a mellora da imaxe promocional, a difusión do produto e a organización de programas como Obradoiros con Corazón e Plans con Corazón.
Pola súa banda, o deputado provincial e alcalde de Foz, Francisco Cajoto, salientou que a Deputación mantén unha colaboración constante coa Mancomunidade e valorou que a nova asociación simboliza “unión, compromiso e unha maneira intelixente de mirar cara ao futuro”. Destacou que A Mariña Artesá “conecta concellos, crea sinerxías e constrúe un relato compartido”, e reafirmou o compromiso da institución provincial con proxectos que combinan tradición e innovación.
O presidente da asociación, Marcelo Scapinachis, explicou que o colectivo reúne xa ao 50% dos artesáns da comarca, lembrou o camiño percorrido desde 2011 e animou a máis profesionais a sumarse para continuar avanzando de maneira conxunta entre administracións, entidades e obradoiros.
Tamén participou o deputado Daniel García, quen trasladou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e puxo en valor a importancia de ferramentas colectivas como esta asociación para articular iniciativas de promoción e apoio ao sector, ofrecendo a colaboración do Centro de Artesanía e Deseño.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


