Dende o PP de Alfoz aseguran que “as zonas que resultan perigosas nas marxes das vías provinciais precisan ser limpas con medios manuais” e demandan a poda das ramas sobre as vías porque os vehículos altos tocan nas árbores”
Lugo, 24 de xullo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten dos “riscos para a seguridade” dos usuarios das estradas provinciais no municipio de Alfoz á vista do estado no que se atopan varias pontes nas vías LU-P-0203, LU-P-0206 e LU-P-0207. Así, os populares urxen ao goberno provincial de PSOE e BNG a actuar con urxencia “para evitar posibles danos” e “garantir a seguridade”.
Os deputados provinciais comprobaron o “perigoso estado” das pontes xunto ao presidente do PP de Alfoz, Alberto Souto, e o portavoz municipal, Juanjo Fraga. Os populares xa teñen posto sobre aviso ao goberno da Deputación de Lugo fai máis de dous anos, en marzo do 2024, sobre os danos un dos piares da ponte que se sitúa na LU-P-0203, moi preto da conexión coa LU-P-0206, “pero non fixeron nada e a situación agrávase co tempo”. O problema deriva dun dos piares que “perdeu a súa base e corre o risco de derrubamento, unha situación que xa sufriron varios veciños da provincia coma os de Muras ou de Navia de Suarna”, apuntan.
En relación a unha ponte da LU-P-0206, os populares advirten do perigo que supón a presenza da maleza porque oculta as barreiras protectoras e un bloque de formigón. Neste caso, “para facer visibles estes elementos é necesario o desbroce e tamén mellorar a sinalización”.
E na LU-P-0207, a ponte sobre o río Ouro en Centoi continúa coas varandas rotas dende fai dun ano pero aínda instalaron estes días unha medida provisional; e a ponte sobre o río Bao ten escasos 3 metros de anchura mentres que o resto da vía ten 6 metros de plataforma pavimentada.
Dende o PP local condenan o “abandono xeneralizado” da limpeza e mantemento das estradas titularidade da Deputación. E advirten que “o desbroce das marxes realizado ata o momento non é suficiente. As zonas que resultan perigosas precisan ser limpas con medios manuais”.
Tamén demandan a poda das ramas das árbores sobre as vías. “Os vehículos altos tocan nas árbores” o que pode supoñer “non só danos en camións, autobuses ou maquinaria agrícola, senón un risco para a seguridade dos usuarios destas estradas”.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, subliña que “estes problemas se estenden a práctica totalidade da rede viaria da Deputación” e considera que “se derivan da falta de mantemento por parte do goberno de PSOE e BNG que continúa con Carmela López ao fronte da institución provincial”. Polo que asegura que “din que todo cambiou; pero, en realidade, segue todo igual”.

























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



