Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela emenda a proposta de construción dunha nova gardería

NOTA DE PRENSA:
JOSÉ GONZÁLEZ BARCIA, na súa calidade de concelleiro e portavoz do Grupo Municipal Popular de Burela, ó abeiro da normativa vixente, á vista da proposta asinada por Dna. Nieves Cando sobre solicitude á Xunta de Galicia da construcción dunha nova escola infantil incluída na orde do día do Pleno Ordinario a celebrar mañán, mércores, presenta a seguinte

ENMENDA DE SUBSTITUCIÓN

O Concello de Burela demandará á Xunta de Galicia a construcción dunha nova escola infantil e posible ubicación de servicios sociais na Casa do Mar. A tal efecto, e con carácter previo e de cara a complementar a indicada solicitude, o Concello de Burela comprométese a

1.- Elaborar no prazo de tres meses un estudio sobre servicios sociais de carácter municipal a instalar na Casa do Mar, no que se detallará pormenorizadamente non só os obxectivos senón os espacios precisos para levalos a cabo.

2 .- Posteriormente ó indicado estudio, o Concello elaborará nun prazo de tres meses un proxecto básico, coa súa correspondente memoria económica, referente ás actuacións a realizar no edifício indicado para a concreción dos indicados servicios, nomeadamente unha Escola Infantil.

O que se traslada ós efectos indicados en Burela, a vintedous de Decembro de dous mil nove.

Exit mobile version