Nota de prensa FERNANDO SUÁREZ DENUNCIA QUE A XUNTA ESTÁ A ENVIAR REQUERIMENTOS AOS PAIS E NAIS DOS NENOS DA GARDERÍA PARA QUE XUSTIFIQUEN QUE TRABALLAN DURANTE O NADAL E ASÍ TER DEREITO A L... Ler máis
BURELA (FNC) .- Responsables do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar viaxarán a Burela para analizar as propostas realizadas desde o Concello co obxectivo de incrementar o... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, pídelle á Xunta que licite as obras de construción da nova gardería de Ribadeo, prevista polo anterior goberno galego. O rexedor realizou estas d... Ler máis
BURELA (FNC). Cos votos a favor de PSOE e BNG quedou aprobado no pleno celebrado hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e a asociación Amigas e Amigos da Banda de Burela, para a pr... Ler máis
NOTA DE PRENSA: JOSÉ GONZÁLEZ BARCIA, na súa calidade de concelleiro e portavoz do Grupo Municipal Popular de Burela, ó abeiro da normativa vixente, á vista da proposta asinada por Dna. Niev... Ler máis
Nota de Prensa González Barcia afirma que a obra da cuberta da gardería xerá adxudicada inmediatamente. Presentáronse catro empresas para realizar a obra. O portavoz do PP de Burela, José ... Ler máis
BURELA (FNC) .- A concelleira de Benestar Social de Burela, Neves Cando, reuniuse con pais e nais da Escola Infantil para mantelos informados do atraso das obras previstas, nun principio par... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera moi positivo o arranxo que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade realizará na gardería e agarda que a Xunta de Galicia rem... Ler máis
NOTA DE PRENSA O candidato número tres pola provincia de Lugo e deputado autonómico Jose Manuel Balseiro cualifica de tercermundista a situación na que se atopan as instalacións de Galescola... Ler máis
CERVO.- O grupo do PSOE no concello de Cervo presetou unha alegación solicitando a retirada da Ordenanza que regula a taxa para a prestación do servizo de gardería (PAI) por considerala inxu... Ler máis
CERVO.- Segundo un comunicado do PSOE de Cervo o concello subvencionou unha gardería privada con máis de 36.000 euros e só para cinco nenos. Nunha finca privada cerca do colexio de Galdín o... Ler máis
O concello de Cervo vai levar ao pleno de hoxe unha proposta para crear unha taxa para o servizo da gardería, situada en San Cibrao. Este servizo ate de agora era gratuíto, financiado pola V... Ler máis


















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



