Site icon Crónica3.com A Mariña

Frases de políticos para as municipais

Encantoume unha mensaxe que un amigo me fixo chegar esta semana, trátase dun compendio de frases previsibles que delatan a banalidade.

É coma se nos enfrontásemos ao espello da realidade previsible. As frases van rebotando de boca en boca como un electrón toleado e os voceiros son como monicreques de ventrílocuo. O peor non é recoñecer todas as frases, senón admitir que esas frases son túas.

É posible que existan frases comúns entre colectivos. Tal vez, os taxistas de Londres, os toureiros, os comentaristas deportivos ou os taxidermistas caian no seu particular catálogo de frases previsibles. Non o sei. Pero garántolles que os políticos si teñen as súas frases antolóxicas. Agora que xa entramos en período (pre) electoral, prepárese a escoitar unha e outra vez as frases que rebotarán de candidato en candidato, sen importar cor nin condición. Deixo algunha?.

O que queren os cidadáns é que resolvamos os seus problemas

Aspiro a unha maioría suficiente, que me permita gobernar sen pactos

O noso povo acadará as máis altas cotas de liberdade e progreso

Gobernarei para todos, para os que me votan e para os que non

Os nosos mozos merécense unha oportunidade

Quero construír unha cidade, povo ou vila do século XXI

Vivimos un momento histórico

Chegou o momento de superar as diferenzas ideolóxicas

A inmigración non pode ser un tema tabú

Para afrontar os retos que nos expoñen os novos tempos.

A os políticos lectores, que sei son varios e variopintos, non teñen por que darme as gracias, e un pracer botarlles unha man nos seus discursos.

Exit mobile version