El sentido de la plítica Las imágenes de la hambruna en África a finales de los 70 y principios de los 80 marcaron mi niñez, sin duda alguna. En aquellos tiempos, los rombos ponían el límite... Ler máis
Tres terzos dos cidadáns desconfían tanto de Zapatero como de Mariano Rajoy. É a primeira vez na historia da nosa nova democracia que o retroceso da popularidade dun presidente de Goberno, n... Ler máis
Encantoume unha mensaxe que un amigo me fixo chegar esta semana, trátase dun compendio de frases previsibles que delatan a banalidade. É coma se nos enfrontásemos ao espello da realidade pre... Ler máis
O Colectivo Cultural Buril organiza para o próximo luns, 4 de xaneiro, ás 20:30 no salón de conferencias de Burela un debate entre os tres portavoces dos tres grupos políticos con representa... Ler máis
A miña relación coa POLÍTICA, entendéndoa como “Ideoloxía é a práctico para unha mellor gobernanza da Polis ou cidade, pobo ou aldea” tivo puntos de euforia, dose de paixón. Atravesou por de... Ler máis
Un, lendo os papeis de “Diestra e siniestra” esta semana saca en conclusión que os políticos profesionais non saben como funciona o sistema para o que en teoría traballan e non se salva nin... Ler máis
SANTIAGO.- Segundo o PP o Parlamento Galego opúxose a que prosperase a súa iniciativa para facer un plan de choque que apoiase o comercio minorista en Galicia, e que baseaban argumentando a... Ler máis
CERVO.- O deputado autonómico do PP, José Manuel Balseiro Orol vai reclamar que Xunta elabore un plan de coche que favoreza ao pequeno comercio para axudar a superar actual crise. A iniciati... Ler máis
VIVEIRO .- O BNG de Viveiro resposta ás declaracións do alcalde de Viveiro que acusa aos nacionalistas de “mentir” dicindo que eles “o único que reclaman é a apertura do Centro Socio... Ler máis
FOZ .- O PP de Foz considera que o alcalde, Gracía Rivera, manipula a realidade coas súas declaracións sobre a traída de auga ao lugar da Hermida, xa que “non é certo que tivera que ap... Ler máis
RIBADEO .- O equipo de goberno no Concello de Ribadeo modificará os orzamentos de 2008 para incluír algunhas das propostas expostas pola oposición. A ese acordo chegaban na comisión informat... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convoca para o vindeiro luns 18 de agosto ás oito da tarde, a comisión informativa de Facenda e Contas para analizar a proposta de orzamento... Ler máis
CERVO.- O PP de Cervo remitiu unha nota na que acusa aos membros de ADEGA e LUGO PATRIMONIO de encudarse nas súas asociación para “xogar a facer política Barriobaixeira”, lembrán... Ler máis
RIBADEO.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tildou de “experiencia moi boa, satisfactoria e moi enriquecedora esta explicación, esta dación de contas do primeiro ano de goberno á... Ler máis
CERVO.- O PSOE e o BNG fixeron públicos comunicados sinalando a situación urbanística e financeira do concello despois de que a promotora Astunosa, antes Pasillo Verde, paralizase a construc... Ler máis
O Concello de Alfoz aprobou onte o orzamento para o exercicio 2008 por un total de 1,5 millóns de uros. Segundo o voceiro do BNG redúcense os investimentos en obras e servizos. Nota de prens... Ler máis
Segundo o BNG de Alfoz, o concello ten dificultades para recadar cantidades superiores aos gastos correntes e de persoal. Isto dificulta a xestión de obras novas e servizos por parte do conc... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



