Site icon Crónica3.com A Mariña

O Banco de Tempo de Burela, consistente no intercambio de tempo e tarefas, organiza un novo encontro de socios

BURELA (FNC) .- O Banco de Tempo de Burela organiza un novo encontro para os seus 17 socios, segundo ven de anunciar a técnico Vanesa Rodríguez. Será o vindeiro 18 de febreiro de 19 a 21 horas no local da antiga praza de abastos. Os asistentes compartirán unha merenda con productos do antroido como orellas, rosquiñas. Vanesa Rodríguez suliña que “a intención é presentar ao resto dos membros do Banco de Tempo aos dous novos socios que se acaban de inscribir para participar neste intercambio de tempo e tarefas que estamos a realizar en Burela”.

A técnico do Banco de Tempo anima a todos os socios e socias a asistir a esta nova xuntanza “similar á que xa mantivemos no nadal. Ademáis son os propios socios os que nos demandan que organicemos este tipo de actividades para tentar coñecerse mellor”.

Exit mobile version