Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pontenova, Viveiro e Ourol quedan sen sinal analóxica de Tv o día 23 de marzo

SANTIAGO .- O día 23 de marzo deixará de emitir a sinal analóxica de televisión para os concellos de A Pontenova, Viveiro e Ourol que se sumarán a recepción da televisión dixital terrestre. A última fase de incorporación á TDT rematará o vindeiro venres, 2 de abril, e afectará a 45 concellos.

Nota de Prensa

PRETO DE 110.000 GALEGOS MÁIS TERÁN ACCESO Á  TDT NOS VINDEIROS DÍAS TRAS OS ACENDIDOS DIXITAIS DOS DÍAS 22, 23 E 24 DE MARZO

* O luns 22 producirase o acendido dixital nos concellos de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, na Área Técnica do Páramo, e da Cañiza, Covelo e Vilagarcía na Área Técnica de Domaio
* O 23 procederase ao cese analóxico dos emisores ‘Becerreá’, ‘Conforto’, ‘Pontenovo’, ‘Pontenovo I’, ‘Vilameá’, ‘San Paio’ e ‘Viveiro’, que permitirá a chegada do sinal dixital a más de 34.000 galegos dos concellos de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol
* O mércores 24 cesarán a súa emisión os centros ‘Meis’ e ‘Moaña’, o que permitirá a difusión da TDT nos concellos de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e unha parte de Moaña, cun total de 45.578 habitantes

Santiago, 17 de marzo de 2010.- Preto de 110.000 galegos máis incorporaranse, durante as vindeiras xornadas, á televisión dixital terrestre (TDT) tras os apagados analóxicos programados para os próximos 22, 23 e 24 de marzo encadrados na terceira e última fase que se está a levar a cabo estas semanas.

Neste sentido, o luns 22 producirase o apagado analóxico nos concellos de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, que afectará arredor de 18.000 habitantes tras o cese do sinal nos emisores analóxicos ‘Ribeira de Piquín’, ‘Ribeira de Piquín I’ e ‘Vilalba’, situados na Área Técnica do Páramo.

O propio luns levarase a cabo, tamén, o apagado do sinal analóxica nos emisores ‘Cañiza’ e ‘Carril’, situados na Área Técnica de Domaio, e que implicará a chegada da emisión dixital aos concellos da Cañiza, Covelo e Vilagarcía, podendo disfrutar da TDT outros 10.108 galegos.

A continuación, o martes 23, volverase á Área Técnica do Páramo, procedéndose ao cese analóxico dos emisores ‘Becerreá’, ‘Conforto’, ‘Pontenovo’, ‘Pontenovo I’, ‘Vilameá’, ‘San Paio’ e ‘Viveiro’. Este apagado permitirá a chegada do sinal dixital a máis de 34.000 galegos dos concellos de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol.

Por último, xa o día 24 levarase a cabo o apagado dos centros emisores ‘Meis’ e ‘Moaña’, o que permitirá a difusión da TDT nos concellos de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e unha parte de Moaña, cun total de 45.578 habitantes.

Último paso

Unha vez rematados estes acendidos dixitais, a terceira e última fase de incorporación á TDT rematará o vindeiro venres, 2 de abril, co fin da transmisión de sinal do restos dos centros da Área Técnica do Páramo e de Domaio. Na do Páramo, o apagado analóxica afectará a 45 concellos máis, que suman 273.992 habitantes, namentres que na de Domaio outros 694.000 galegos de 31 concellos distintos incorporaranse ese día á TDT.

Non obstante, dende a Secretaría Xeral de Medios recoméndase aos cidadáns a instalación dos adaptadores da TDT, comprobando a correcta orientación da antena, sen agardar ás datas fixadas para o apagado analóxico, dado que, no 98% dos casos, xa se pode recibir o sinal da televisión dixital. Ínstase, polo tanto, a que se verifique a correcta recepción da TDT nestes días, dada a proximidade de datas festivas nas que non poderán recibir a atención dos técnicos instaladores.

Por outra banda, compre lembrar que, para calquera consulta por parte da poboación, pode facerse a través do teléfono 012 ou na páxina web www.tdtgalicia.es

Exit mobile version