As medidas gobernativas á carta están a cobrar cada vez maior protagonismo neste noso goberno da era Feijoo. Ensino á carta, para que cada pai e nai poidan escoller sen importar moito o caos... Ler máis
SANTIAGO .- O venres apagaranse os últimos centros de televisión que funcionan con tecnoloxía analóxica en Galicia e culmina así totalmente o proceso de transición á Televisión Dixital Terre... Ler máis
SANTIAGO .- O día 23 de marzo deixará de emitir a sinal analóxica de televisión para os concellos de A Pontenova, Viveiro e Ourol que se sumarán a recepción da televisión dixital terrestre.... Ler máis
SANTIAGO .- A Xunta de Galicia informa que a partir de mañá comezara o “apagón” analóxico en Galicia e paulatinamente irase incorporando a TDT como único sinal para ver a TV. Na... Ler máis
Onte, coma todos os luns dende hai tres anos, despois de ver a serie CSI, volvín para a frecuencia da TVG coa intención de ver o programa “HAI DEBATE” e atopeime coa sorpresa de que non o em... Ler máis
NOTA DE PRENSA O apagón analóxico de Cervo exclúe aos veciños de Figueirido Moitos dos veciños de Figueirido, na parroquia de Sargadelos, aínda non reciben a sinal Os veciños de Figueirido a... Ler máis
CERVO .- As localidades de Cervo –capital-, Sargadelos, A Senra, Rúa e San Román vivirán por anticipado o apagón analóxico pois adiántase o cambio na tecnoloxía empregada para recibir a sina... Ler máis
CERVO .- O Alcalde de Cervo editou un bando para informar aos veciños sobre os problemas existentes para recibir correctamente o sinal de TV, despois dos estragos producidos polo temporal. C... Ler máis



















A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



