O Vicedo, 21 de agosto, 2026. Este xoves 20 de agosto deron comezo as XVI Xornadas Memoria dun Tempo, organizadas pola asociación Nordés.
Esta edición estará dedicada integramente ao Concello de Mañón, do mesmo xeito que acontecera na primeira, celebrada no ano 2011.
A apertura contou coa participación do catedrático da USC e recoñecido historiador Emilio Grandío, quen contextualizou como se desenvolveu a sociedade mañonesa durante o período da II República. A continuación interviu o Cronista Oficial do Concello de Mañón, historiador e novelista Hixinio Puentes, cun relatorio centrado nos feitos acontecidos en xullo de 1936 no municipio e, especialmente, no Barqueiro, punto neurálxico da resistencia contra o golpe militar.
Pechou o acto o historiador ferrolán Xosé Manuel Suárez, quen abordou a represión posterior sufrida polos veciños de Mañón implicados na defensa da legalidade republicana, moitos deles trasladados a Ferrol, onde foron asasinados e integran hoxe o Memorial de Vítimas do Franquismo da cidade.
A mesa redonda formada por estes relatores tivo lugar no Centro Sociocomunitario de Mañón, situado na Estrada de Viveiro 3, no Barqueiro.
Programa do venres
Seguindo co previsto, a Táboa Redonda contará coa participación de Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro, entre outras cousas, e que falará dun dos lugares de memoria dos varios que hai no concello de Mañón, a ponte vella do Barqueiro, espazo que merece esa denominación por dúas causas, a primeira ser onde mariñeiros, obreiros, xente do común, fixo intención de resistir ao avance das tropas sublevadas contra a República, e a segunda por cuestión de converterse a partir deses días en zona de “paseo”, que é o mesmo que dicir de “asasinato”, xa que foron varias as persoas executadas naquel lugar polos franquistas.
Outro lugar de memoria do concello, esta vez o cemiterio das Ribeiras do Sor, será tratado polos seguintes relatores pero dende dúas perspectivas distintas. Primeiramente falará Lucia Santiago, investigadora do grupo Histagra (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX) da USC e parte do equipo do Plan de Memoria Democrática de Galicia, sobre os seus traballos dirixidos á reapertura da foxa que hai nese cemiterio. A súa intervención leva por título: “O Plan Cuadrienal de Memoria Democrática e a investigación histórica da fosa de Ribeiras do Sor”
Fernando Ocampo, investigador e directivo da asociación Memoria Histórica de Ferrol, poñerá nomes, caras, oficios, vivencias, etc, ás persoas asasinadas no cemiterio das Ribeiras, homes levados alí para nunca máis volver dende os concellos nos que residían, concretamente Cedeira e Ferrol.
A asociación Nordés quere salientar o carácter especial destas xornadas, ao celebrarse por primeira vez sen a presenza de Hilda Farfante Gayo, figura imprescindible que acompañou numerosas edicións e faleceu recentemente. Por este motivo, antes do inicio dos relatorios realizarase un pequeno acto en lembranza desta mestra, amiga e compañeira.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



