Cervo, 21 de agosto, 2026. O Concello de Cervo será un ano máis o gran escenario da Queimada Popular, unha das festas con máis identidade da contorna, declarada de Interese Turístico Galego, que este ano celebra a súa 48ª edición o próximo sábado 22 de agosto, cunha programación que volverá mesturar tradición, cultura, espectáculo e música para todos os públicos.
Na presentación da Festa participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Adrián Arias, e membros de Airiños do Xunco, que organizan a Festa en colaboración co Concello.
A rexedora destacou que “a Queimada é moito máis ca unha festa: é unha manifestación da nosa identidade, das nosas raíces e do compromiso por manter vivas as tradicións que nos definen como pobo”.
Engadiu tamén que “é un orgullo para o Concello de Cervo acoller unha celebración que cada ano reúne a milleiros de persoas e que continúa medrando grazas ao extraordinario traballo da Asociación Airiños do Xunco, que pon toda a súa ilusión e esforzo para que a Queimada siga sendo un referente cultural e festivo de Galicia, contando sempre co apoio do Concello”.
Así mesmo, puxo en valor o carácter único desta celebración, na que se combinan a ambientación tradicional, o mercado, a escenificación teatral da Queimada, o seu conxuro e unha potente programación musical.
Programa
A xornada arrancará pola mañá:
➡10:00 horas – Apertura do Mercado Tradicional de Cervo, con postos de artesanía, gastronomía e produtos locais.
➡ Ao mediodía terá lugar o pregón das autoridades e continuará a animación polos postos do mercado.
➡ Xantar popular ao mediodía nos postos do mercado con propostas para todos os públicos.
➡ 23:00 horas – Comezo da baixada cara á Praza do Souto, epicentro da celebración.
➡A continuación desenvolverase a tradicional escenificación da Queimada, unha posta en escena única que combina lume, lenda e dramatización e que sorprende edición tras edición.
➡ Tras o conxuro, procederase ao tradicional reparto da queimada entre o público asistente.
➡ A música será a encargada de pechar a noite coa actuación de A Banda do Elías, considerada a homenaxe máis fiel a Los Suaves, coa enerxía de Maneiro, ex vocalista de Herdeiros da Crus, e coa animación da Discomóbil Conxuro, que prolongará a festa ata ben entrada a madrugada.
Desde o Concello de Cervo fan un chamarmento á participación na Festa “Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas que nos visitan a achegarse a Cervo para vivir unha das festas máis emblemáticas da nosa comarca. A Queimada Popular é tradición, cultura, convivencia e unha oportunidade única para desfrutar do mellor ambiente nunha noite máxica que cada ano continúa facendo historia”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



