A Coruña, 2 de outubro, 2026. A Asociación Axuntar celebrará o 10 de outubro, ás 16:30 horas, na Biblioteca de Vilanova de Ozcos, a entrega dos IV Premios Folgueira, cos que cada ano recoñece o labor de persoas e entidades na dignificación, difusión e defensa do galego de Asturias.
Premiados 2026
Nesta edición serán distinguidos:
Pablo Quintana López, investigador, divulgador e responsable da Editorial Canela, pola súa intensa actividade cultural e editorial en defensa da lingua e do patrimonio oral e escrito da comarca galegofalante de Asturias. A editorial impulsa, entre outras iniciativas, a colección Filso da Bovia.
Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da USC, pola súa extensa traxectoria no estudo das variedades galegas. Foi membro do ILG, participou no Atlas Lingüístico Galego, dirixiu o Arquivo do Galego Oral e é coautor das primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas do galego de Asturias (1990).
Participantes no acto
O evento contará coa intervención de:
Manuel González González, presidente de PuntoGal, entidade patrocinadora desta edición.
Xabier Barcia López, profesor da Universidade de Oviedo e especialista na obra de Dámaso Alonso sobre os Oscos.
Natalia Jardón Pérez, presidenta de Axuntar.
Un premio con historia
Os Premios Folgueira naceron en 2023. Desde entón recoñeceron figuras como:
Rodrigo Cuevas, Juan Carlos Riopedre Villa e Benigno Fernández Braña (2023)
Carlos Xesús Varela Aenlle e Xoán Babarro González (2024)
Xabier Fortes López e Antonio José Meilán García (2025)
A edición de 2026 conta co apoio de PuntoGal, xestor do dominio.gal, como parte do seu compromiso coa lingua e cultura galegas dentro e fóra das fronteiras administrativas de Galicia.

























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



