SANTIAGO .- A Xunta de Galicia informa que a partir de mañá comezara o “apagón” analóxico en Galicia e paulatinamente irase incorporando a TDT como único sinal para ver a TV. Na provincia de Lugo os as estacións emisoras de sinal analóxica deixarán de funcionar a partir do día 23 de marzo.
NOTA DE PRENSA
MÁIS DE 48.000 GALEGOS INCORPORARANSE MAÑÁ Á TDT TRALA APAGADA ANALÓXICA EN CINCO CONCELLOS DE PONTEVEDRA
Santiago, 14 de marzo de 2010.- Mañá luns, dentro da planificación de expansión da TDT en Galicia, procederase aos ceses dos emisores analóxicos denominados ‘As Neves’ e ‘Arbo’ o que suporá a incorporación á TDT do concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. En total, beneficiaranse 48.176 habitantes destes municipios.
Os vindeiros ceses analóxicos desta Área Técnica de Domaio produciranse o día 23 deste mes, nos emisores ‘Cañiza’ e ‘Carril’. Os concellos que se beneficiarán do seu paso á TDT serán os de A Cañiza, Covelo e a unha parte de Vilagarcía de Arousa, o que suporá a incorporación doutros 10.108 habitantes ao novo sistema de televisión dixital.
O seguinte cese nesta Área Técnica producirase o día 24 e afectará aos emisores ‘Meis’ e ‘Moaña’, mentres que os concellos beneficiados serán os de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e, parcialmente, o de Moaña. É dicir, 45.507 habitantes máis incorporados á TDT.
Área técnica de O Páramo (Lugo)
Polo que se refire a Área Técnica de O Páramo, en Lugo, hai que sinalar que o vindeiro cese analóxico será o día 22 de marzo, nos emisores ‘Ribeira de Piquín’, ‘Ribeira de Piquín II’ e ‘Vilalba’. Os concellos beneficiados serán os de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, sendo un total de 17.999 habitantes máis incorporados ese día á TDT.
O día seguinte, 23 de marzo, producirase o cese analóxico dos emisores ‘Becerreá’, ‘Conforto’, ‘Puentenuevo’, ‘Puentenuevo II’, ‘Vilameá’, ‘Sanpayo’ e ‘Viveiro’. Os novos concellos que pasarán a recibir sinal de TDT serán os de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol, aportando 34.642 habitantes.
Como resumo pódese dicir que esta terceira e última fase do apagado analóxico, que comezou o pasado día 10 beneficiará a preto de 1.300.000 galegos das provincias de Lugo e Pontevedra, así como a cinco concellos de A Coruña. Esta fase finalizará o 2 de abril
Fases I e II
Máis de millón e medio de galegos ven xa exclusivamente a TDT tras a conclusión das fases I e II do Plan nacional para o apagado analóxico, que se desenvolveron entre o 18 de xaneiro e o 1 de febreiro. Isto supón que o 56% dos cidadáns da nosa Comunidade, pertencentes a 203 concellos, quedaron incorporados á TDT
O Goberno galego continúa co servizo de atención telefónica ao cidadán sobre a TDT co obxectivo de dar unha resposta máis áxil ás posibles dúbidas que lle poidan xurdir sobre todo este proceso tecnolóxico. Neste sentido funciona –como xa sucedeu durante a primeira fase de implantación da TDT- o 012, para atender as consultas. Os cidadáns tamén poderán obter información a través da páxina web www.tdtgalicia.es.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



