RIBADEO.- A Asociación de veciños Atalaia de Ribadeo informa que no próximo pleno do concello vaise aprobar definitivamente a ordenanza municipal sobre contaminación acústica e pide aos veciños, comercios e empresarios da hostalaría que se informen de como lles afecta e soliciten os seus dereitos.
NOTA DE PRENSA:
Desde Atalaia DICIMOS : Que con data 15 de marzo de 2010 levase ao Concello
Pleno a proposta de aprobación definitiva da ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE
CONTAMINACION ACUSTICA, aprobada inicialmente no 2006-
Que pola prensa coñecemos que dita Ordenanza adopta unha serie de medidas
que supondran mais gastos e obrigacións para un sector que move unha gran
cantidade de emprego en Ribadeo, entre outras cousas: a obrigación de
instalar sonógrafos ou caixas negras, limitador de son, dobre porta e placa
identificativa, a maiores outros elementos que se contemplan na norma só
deberanos cumprir os negocios de nova apertura ou que se están tramitando.
Ademais, esixirase aire acondicionado a todos os establecementos existentes
desde o 1 de xaneiro do 2008. Na ordenanza atribúese aos titulares dos
establecementos velar para que os usuarios, ao entrar e saír do local, non
produzan molestias aos veciños e de que non se consuman na rúa bebidas
servidas nos seus establecementos…. Ao mesmo tempo contempla sancións que
por vulnerar a norma poden chegar aos 300.000 euros e o peche e suspensión
da licenza. Por exemplo, a inutilización do sonógrafo, a súa desconexión
ou manipulación dará lugar á suspension inmediata da actividade do local
En Atalaia preguntámonos si os hostaleiros, si as empresas dedicadas ao
lecer e a restauración, unha das principais, senón a principal fonte de
traballo en Ribadeo, coñecerán esta Ordenanza para poder defenderse das
consecuencias que podería ter a súa aprobación SABE A XENTE REALMENTE COMO
A VAI AFECTAR?
Que a legislacion existente é suficiente para regular esta materia e asi a
Lei 7/1997 de 11 de agosto de protección contra a contaminación acústica,
desenvolvida polo Decreto 150/1999 , contempla a potestade de ditar
regulamentos de desenvolvemento naqueles concellos da Comunidade Autónoma de
Galicia que non teña aprobada Ordenanza sobre o ruído e vibracións, por
iso aprobouse no 2002 o Decreto 320/2002 de 7 de novembro que establece as
Ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica, que se
esta aplicando neste concello de Ribadeo, é dicir existe normativa
suficiente para controlar e sancionar
Que a elaboración e aprobación dunha ordenanza QUE CONTEMPLA As MEDIDAS QUE
SE PRETENDEN podería chegar a arruinar ou polo menos causar importantes
prexuízos a un sector que move unha gran cantidade de traballo autónomo e
asalariado en Ribadeo: Camareiros, distribuidores de comida, bebida,
limpiadaores…, que caso de pechar as empresas pasarian a engrosar as listas
do paro, E QUEN SE ENCARGA DA SUBSISTENCIA DOS PARADOS?QUEN SE ESTA OCUPANDO
DE XERAR EMPREGOS NESTA EPOCA DE CRISE? MAIS COMPETIDORES POLOS POUCOS POSTOS
DE TRABALLO QUE SE XERAN NESTA ZONA?
Doutra banda, coa normativa existente Non se sancionou a locais? Non se abren
expedientes? Cantas denuncias existen en Ribadeo por este motivo? Cuantos son
os denunciantes? CUMPREN TODOS Os LOCAIS A NORMATIVA EXISTENTE HOXE EN DIA?
Son os locais de lecer nocturno, os cafes e bares inimigos da orde publico ou
un colectivo importantisimo e con moitos seguidores?
Si leva esta Ordenanza adiante Atalaia non podra presentar alegacion xa que
supondra a APROBACION DEFINITIVA DESTA NORMA, no momento da aprobacion
inicial nosa asociacion non existia.
En Atalaia presentamos un escrito este sabado 13 de marzo ante a Corporacion
Municipal de Ribadeo solicitando sexa admitido e acéptese que xa existen
normas suficientes que regulan a normativa acústica neste concello e sígase
aplicando a normativa actual.
REITERAMOS esta NOVA ORDENANZA pode supor o peche de negocios moi afectados
por outras MEDIDAS como poden ser o aumento do IVE, entendemos que a
asistencia ao Pleno este luns ao oito da tarde PODE evitar que este sen
sentido siga adiante. Representantes de Atalaia asistiran a ese Pleno POLO
NON A ESTA NOVA ORDENANZA DE NORMATIVA ACUSTICA (xa se esta aplicando a
Ordenanza tipo).
Apoiade asistindo ESTE LUNS Ao PLENO DO CONCELLO xa que moitos traballos
estan en xogo HOXE POR TI, MAÑÁ POR MIN!
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



