Site icon Crónica3.com A Mariña

Baile para a terceira idade na discoteca Rosalar organizado polo Concello de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Mañá xoves terá lugar o baile para a tercera idade que organiza o Concello de Ribadeo. Será ás sete da tarde na discoteca Rosalar. A orquestra Poceiro será a encargada de poñer a nota musical. A iniciativa denominada Cunha man na cintura terá continuidade, segundo anunciaba hai uns días o alcalde, Fernando Suárez.

O baile está destiñado a todas aquelas persoas da vila e das parroquias que desexen disfrutar desta cita, ademáis das que se poidan chegar doutras localidades próximas. A sala de festas pon as súas instalacións e o Concello costea a orquestra e un servizo de buses con tres rutas para as parroquias do interior. Unha sairá de Cedofeita pasando por Piñeiro, Couxela, Santalla e Porto, outra irá pola Ponte, Arante, Remourelle, Covelas, As Anzas e Vilela e unha terceira pola Rochela, A Devesa, Rinlo, Vilaframil, Piñeira e Vilaselán.

O alcalde quere que “todo o mundo poida acudir a esta cita. Os buses iranos buscar entorno ás seis da tarde e levaranos ás dez da noite de volta á casa. As rutas son as mesmas que as do transporte escolar”.

Exit mobile version