Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncia o PSOE de Cervo que a tubería da piscina que rompeu o luns leva 13 anos sen cambiar

NOTA DE PRENSA:
A TUBERIA DE CONDENSADO QUE ROMPEU O LUNS NA PISCINA DE CERVO LEVA 13 ANOS SEN CAMBIARSE
O ALCALDE DE CERVO AMOSA O SEU DESPREZO ABSOLUTO POLAS INSTALACIÓNS, INCAPAZ DE OFRECER UN SERVIZO DE CALIDADE AOS VECIÑOS

CERVO, 21 DE ABRIL. O estado da tubería de condensado que rompeu o pasado luns e que aporta calor a piscina municipal presentaba un estado deplorable, coma consecuencia da falla de mantemento ou sustitución. No en vano, a tuberia en cuestión leva 13 anos sen cambiarse e as paredes estaban literalmente “desintegradas”.

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares e o edil de deportes Rubén Fernández son os responsables absolutos do estado no que se atopan as instalacións municipais mais usadas do concello, incapaces de entender o que significa a palabra “servizo aos veciños”.

Dende o GMS non podemos entender que os edís do PP adiquen mais tempo en “adular” á Xunta e a criticar ao bipartito en lugar de adicarse a xestionar e a solucionar os problemas que sorden; deste xeito, en lugar de adicar persoal e medios en solventar da forma mais rápida posible a avería, o alcalde prefire mirar para outro lado e encher o mostrador da piscina de carteis anunciando que a auga está fría para sorpresa dos usuarios.

Escaleiras de emerxencia sen reparar e o ximnasio deficiente

Por outra banda, e coma colofón do despropósito e a irresponsabilidade mais absoluta, as escaleiras de emerxencia seguen sen repararse, meses despois das denuncias presentadas polo GMS; o mesmo ocurre co ximnasio cuias máquinas non poden usar todas as persoas, especialmente as mulleres, que reclaman aparatos adaptados a seu talle. Recordar que o concello de Cervo perdeu unha subvención no 2008 para dotar o ximnasio, ao non presentar a tempo a solicitude.

Hai que recordar que noutros tempos, cando gobernaba o PSOE, a piscina de Cervo funcionaba de forma exemplar, dando servizo aos cidadáns e que chegou a acoller entre outros, a Copa de España por equipos e o campeonato nacional por comunidades autónomas. E agora, nada de nada.

Exit mobile version