Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros interesase en Santiago por trámites en Urbanismo e por unha subvención

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, viaxa esta mañá a Santiago onde manterá un encontro con Antonio Crespo, director xeral de Desenvolvemento Rural, “para falar dunha subvención que temos pedida no noso Concello por importe duns 240.000 euros para o arranxo do edificio de San Xusto e para ver a posibilidade doutros investimentos na zona rural do noso municipio”.

O rexedor aproveitará “para visitar a Encarnación Rivas, secretaria xeral de Urbanismo, co fin de ver cómo van todos os trámites que o seu departamento está levando a cabo”.

Exit mobile version