Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide que a Xunta licite as obras da gardería prevista polo anterior goberno galego

RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, pídelle á Xunta que licite as obras de construción da nova gardería de Ribadeo, prevista polo anterior goberno galego.

O rexedor realizou estas declaracións “despois de ver os resultados provisionais nas listas de admitidos nesta gardería pública que depende da Xunta de Galicia e despois de ver que hai unha boa cantidade de nenos e de nenas que están en lista de espera”. Suárez Barcia considera “como alcalde de Ribadeo e no nome de toda a Corporación que esto ven demostrar a necesidade imperiosa e inmediata para que a Xunta cumpra co comprimiso que o bipartito tiña con Ribadeo”.

O alcalde lembrou que “o Concello cedeu uns terreos de titularidade municipal hai máis dun ano para que a Xunta fixera unha nova escola infantil, dado que Ribadeo a diferencia doutros concellos do seu entorno, é un concello vivo, cada vez ten máis poboación, cada vez ven máis xente vivir aquí e cada vez nacen máis nenos e polo tanto as instalacións da actual gardería, ainda que son moi importantes e fixemos o posible por amplialas hai tres anos, e contamos con 105 prazas non son, dabondo. Vemos que hai xente que quere levar alí aos seus nenos e non pode porque non ten praza e incluso outra moita xente que nin siquera o tentou porque sabía que non podería optar”.

Fernando Suárez asegurou que “hoxe máis ca nunca faise necesario que a Xunta de Galicia licite as obras de construcción da nova gardería, así Ribadeo pasaría a ter dúas, que eran as previsións que manexaba o anterior goberno bipartito e tamén as previsións que manexou a Corporación Municipal cando acordou ceder e renunciar a esa parcela no entorno socioeducativo de Francisco Lanza. Ribadeo podería ter así unha gardería, a actual, vinculada a toda a zona vella e a unha parte do casco urbano e outra, que sería a nova, vinculada á zona de expansión da vila”.

O rexedor engadiu que “hoxe escoite moitas queixas de xente que está moi disgustada ao non ter praza aquí na escola infantil de Ribadeo”.

Obras na rúa Deputación

Hoxe quedou aberto ao tráfico o tramo da rúa Deputación comprendido entre as rúas Reynante e San Francisco. O resto da rúa ata Ramón González continúa pechada por mor das obras de mellora que se están a executar nese vial.

Exit mobile version