Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Deportes de Foz prepara unha marcha ciclo-turista para celebrar o V Día da Bicicleta

Nota de Prensa

V Día da Bicicleta – Concello de Foz

Delegación Xuventude – Concello de Foz

Dende a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz imos realizar o próximo día 18 DE SETEMBRO o V DÍA DA BICICLETA. A partir das 16:00 h. terá lugar unha marcha ciclo-turista  polo municipio, dirixida a persoas de todas as idades.

A saída terá lugar do Parque Infantil de tráfico e faremos un percorrido que nos levará pola ruta das praias. O lugar de avituallamento será a área recreativa da Praia da Pampillosa. Posteriormente regresarase a Foz, onde se entregarán agasallos ás persoas inscritas, así como premios ao participante máis novo/a, ao participante máis veterano/a, á bicicleta mellor engalanada e ao mellor disfraz. Entre todos/as os/as participantes tamén se sorteará un VALE PARA CANXEAR POR MATERIAL DE CICLISMO entre outros agasallos.

As normas que rexerán este V Día da Bicicleta serán as seguintes:

1. A marcha estará aberta a persoas de todas as idades.

2. Non terá carácter competitivo, senón que consistirá nun paseo en bicicleta de 14 km., aproximadamente, polo municipio de Foz. Percorrido: Parque infantil de Tráfico—Praia da Pampillosa—Parque Infantil de Tráfico.

3. Todos/as os/as participantes deben aterse ás Normas do Vixente Código de Circulación na estrada, considerándose responsables de todas as infraccións que poidan cometer.

4. Para inscribirse as persoas interesadas deben acudir á Casa da Xuventude do Concello de Foz ou chamar ao teléfono 982 133 037. O prazo remata o 18 de setembro ata 30 minutos antes de comezar a marcha, no propio Parque Infantil de Tráfico.

5. Os/as menores de idade deberán presentar a ficha de autorización cuberta e asinada polos pais/nais ou titores/as.

Organizan: Concello de Foz e Club Ciclista Foz. Colaboran: Motos Baltasar, Distribuciones Carreiras, Frutas Morriña, Bici Total e Supermercado Froiz.

Exit mobile version