Site icon Crónica3.com A Mariña

Os centros educativos de Burela ceden o uso dos pavillóns ao Burela F.S.

Nota de prensa:
VISTA ALEGRE, MONTE CASTELO E O PERDOURO CEDEN O USO DE PAVILLÓNS AO BURELA FS

A volta ao traballo dos máis de 200 membros que formarán as diferentes categorías do CD Burela FS en 2010-11 está sendo máis doada grazas á xentileza do colexio Vista Alegre e dos IES Monte Castelo e O Perdouro. Os centros de ensino burelaos adaptaron os seus horarios de uso de pavillóns, asignados dende a Consellería de Educación e a Concellería de Deportes, para facilitar a programación de adestramentos tanto dos primeiros equipos masculino e feminino coma das categorías de base.

Deste xeito, o Burela FS e o Burela FSF Pescados Rubén terán acceso ás instalacións polideportivas en sesións matutinas e vespertinas en Vista Alegre. Os adestramentos da EDM Burela FS, cadetes e xuvenís transcorrerán polas tardes nos pavillóns Vista Alegre, Monte Castelo e Os Castros.

Exit mobile version