Nota de prensa: VISTA ALEGRE, MONTE CASTELO E O PERDOURO CEDEN O USO DE PAVILLÓNS AO BURELA FS A volta ao traballo dos máis de 200 membros que formarán as diferentes categorías do CD Burela... Ler máis
RIBADEO .- O luns 10 de maio celebrarase a segunda xuntanza dos participantes do programa ambiental Axenda 21 Escolar de Galicia no colexio Gregorio Sanz, situado no Concello de Ribadeo. O e... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello leva aos centros de educación primaria a campaña de recollida selectiva que deu comezo nos supermercados durante o Nadal. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira... Ler máis
CERVO .- A ANPA do ex CEIP Rivera Casás afirman que un auto da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superios de Xustiza de Galicia, confirma que o alcalde de Cervo e a Delegada da... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reuniuse esta mañá cos directores dos colexios de primaria para tratar de manter unha colaboración efectiva entre o propio Concello e os c... Ler máis
BARREIROS .- O Alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, entregou material deportivo, balóns e unha canasta para Psicomotricidade ós colexios de San Miguel e San Cosme; “algo que facemos u... Ler máis

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



