Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan os cursos de natación para todas as idades na piscina municipal de Cervo en San Cibrao

Nota de Prensa

A PISCINA MUNICIPAL INICIA O LUNS CURSOS DE NATACIÓN PARA TÓDALAS IDADES

Cervo, 16 outubro de 2010.- Coincidindo co inicio do curso escolar e coa temporada de outono-inverno -e ao igual que en anos anteriores- a concellería de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe Rubén Fernández, ten previsto poñer en marcha a partir do vindeiro luns unha oferta de actividades para os usuarios desta infraestrutura deportiva (a única con dimensións olímpicas da provincia). O programa de actividades abrirase coa celebración de cursos de natación de distintos niveis e para tódalas idades.

Estes cursos serán impartidas polo persoal da propia piscina e os horarios e prezos dos cursiños son os seguintes:

Nenos:

Nivel 0:

+ Días: Luns e Mércores
+ Horario: de 18.00 a 18.45h.
+ Prezos: 15,68 €/mes socios

26,13€/mes non socios + matricula temporada 10,45€

Nivel 0-1:

+ Días: Martes e Xoves
+ Horario: de 18.00 a 18.45h.
+ Prezos: 15,68 €/mes socios

26,13€/mes non socios + matricula temporada 10,45€

Niveis 1, 2 e 3:

+ Días: Dous días á semana en dúas quendas (Luns e Mércores /Martes e Xoves)
+ Horario: de 19.00 a 19.45h.
+ Prezos: 15,68 €/mes socios

26,13€/mes non socios + matricula temporada 10,45€

Adultos:

o Días: Luns e Mércores / Martes e Xoves
o Horarios: de 10.30 a 11.15h. – de 20.00 a 20.45h. – de 20.45 a 21.30h.
o Prezos: 15,68 €/mes socios

26,13€/mes non socios + matricula temporada 10,45€

Nota: Os participantes nestes cursos que non poidan acudir algún dos dous días de clases que teñen asignado poden recuperar ese día perdido os venres -data elixida polos organizadores para que todos os alumnos poidan ter garantido dous días de cursiño á semana.

Así mesmo, a piscina de Lieiro ofrece tamén cursiños de natación personalizados (para persoas que están a preparar oposicións ou determinadas probas de natación). Estes cursos deberán ser solicitados na piscina onde se lles informará das condicións dos mesmos, así coma dos seus horarios.

Os interesados en participar nestas actividades poden formalizar a súa inscrición e ampliar información nas instalacións da piscina, en Lieiro (Tfno: 982-594-512).

Exit mobile version