Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pídelle sentidiño á Deputación e á Xunta para que arranxen a ponte de Arante

Ponte de Arante (Imxe de http://ribadeando.blogspot.com)

NOTA DE PRENSA

FERNANDO SUÁREZ PÍDELLE SENTIDIÑO Á DEPUTACIÓN E Á XUNTA PARA QUE DUNHA VEZ POR TODAS ACOMETAN O ARRANXO DA PONTE DE ARANTE, DESTROZADA POLAS INUNDACIÓNS DE XUÑO. O REXEDOR ADVIRTE QUE A SITUACIÓN EMPEOROU NOS ÚLTIMOS MESES.

Ribadeo, 25 de outubro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pídelle sentidiño á Deputación e á Xunta para que dunha vez por todas acomentan o arranxo da ponte de Arante, destrozada polas inundacións do pasado mes de xuño. O rexedor entende perfectamente as críticas realizadas polos veciños esta fin de semana.

Suárez Barcia referíuse “a este encontro, a esta xuntanza ou pequena concentración que mantiveron varios representantes veciñais xunto co cura párroco que leva a igrexa de Nosa Señora das Virtudes en a Ponte de Arante. E eles o que veñen dicir é o mesmo que leva dicindo o Concello desde hai tempo, digo isto porque van logo catro meses desde que as choivas deixaron a ponte en moi mal estado e a cousa non é que estea igual que antes, senón que está peor porque os coches e os peóns non poden pasar. Todo o sistema de peso, de carga tanto dos camións dos Irmandiños, dos que sacan madeira, do leite e dos coches dos veciños teñen que ir por camiños municipais que moitas veces non están preparados para soportar tanto peso”. O alcalde explicou que “nos últimos tempos estáse sacando moita madeira por aí e están a estropear de maneira acelerada os camiños municipais. Efectivamente por algún lado teñen que saír as mercadorías e esta xente e iso non o podemos impedir, pero sí que estamos un pouco fartos porque non hai feito nada, estánse a pasar a pelota uns aos outros, a Xunta á Deputación e a Deputación á Xunta, as dúas institucións teñen a mesma parte de culpa. O que teñen que facer os técnicos da Deputación e da Xunta é poñerse de acordo para ver si a ponte se rehabilita ou non, si se fai cun ollo, con dous ou con tres, pero o que non poden é estar catro meses discutindo, botándose a culpa mutuamente, mandándose cartiñas porque o inverno está entrando e si volvemos ter unha crecida importante do río igual nos lamentaremos de cousas peores”.

O rexedor ribadense  pídelles “sentidiño tanto da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta como da presidencia da Deputación de Lugo para que, por favor, deixen as súas liortas partidarias a un lado e dígolles o que lles dixen a través dunha carta hai un par de meses, que veñan si queren ao Concello de Ribadeo para falar, pero que non sigan a dar este espectáculo porque moito me temo que os veciños, e con toda a razón do mundo e eu estarei con eles, se manifestarán o día menos pensando e seguro que van dicir cousas que tanto o presidente da Deputación como a Xunta non van querer ouvir e desde logo que os veciños teñen toda a razón porque pasaron catro meses e nada se fixo e o tema lonxe de mellorar está a empeorar día tras día polo destrozo dos camiños municipais”.

Exit mobile version