Nota de prensa A Deputación inicia as obras da Ponte de Arante logo de 7 meses de espera dos permisos da Xunta – Gómez Besteiro supervisou a posta en marcha dos traballos, os únicos pe... Ler máis
NOTA DE PRENSA FERNANDO SUÁREZ PÍDELLE SENTIDIÑO Á DEPUTACIÓN E Á XUNTA PARA QUE DUNHA VEZ POR TODAS ACOMETAN O ARRANXO DA PONTE DE ARANTE, DESTROZADA POLAS INUNDACIÓNS DE XUÑO. O REXEDOR AD... Ler máis
Noa de Prensa PATRIMONIO ENCARGOU UN INFORME INDEPENDENTE SOBRE A PONTE DE ARANTE ANTE A FALTA DE ARGUMENTOS TÉCNICOS DA DEPUTACIÓN QUE XUSTIFIQUEN O SEU DERRUBAMENTO § A Xunta xa re... Ler máis
LUGO .- A dirección xeral de Patrimonio Cultural, baseándose no informe negativo achegado polo Comité Asesor do Camiño de Santiago, resolveu non autorizar a proposta presentada pola Deputaci... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida aos veciños do concello, da comarca da Mariña e do Occidente asturiano a acudir aos actos de recreación da invasión das tropas... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) Ribadeo acollerá os días 4, 6 e 9 de febreiro un ciclo de conferencias A Ponte de Arante na encrucillada da historia para conmemorar o bicentenario da batalla na que os veci... Ler máis

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



