Ribadeo, 12 de outubro, 2026. ACISA Ribadeo estivo presente na recepción das Súas Maxestades os Reis no Palacio Real con motivo da celebración do 12 de outubro.
Carmen Cruzado e Jesús Pérez, presidenta e xerente de ACISA Ribadeo, respectivamente, acudiron a Madrid para representar á asociación nun dos actos institucionais máis relevantes do ano. Durante a recepción, o xerente tivo ocasión de trasladar a Súa Maxestade o Rei unha invitación para visitar Ribadeo.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) Ribadeo estivo presente na recepción ofrecida polas Súas Maxestades os Reis no Palacio Real con motivo da celebración do Día da Festa Nacional, o 12 de outubro.
A presidenta de ACISA Ribadeo, Carmen Cruzado, e o xerente da asociación, Jesús Pérez Prada, desprazáronse a Madrid para representar á entidade neste importante encontro institucional, ao que foron convidados en representación da sociedade civil e, máis concretamente, do ámbito económico e asociativo, tras a concesión a ACISA do Premio Nacional de Comercio Interior por parte do Goberno de España.
Tal e como explica Carmen Cruzado, presidenta de ACISA Ribadeo: “estamos tremendamente orgullosos y agradecidos por haber podido asistir a uno de los actos de mayor relevancia social, política y económica del ámbito nacional. ACISA tuvo el honor de participar en este encuentro como representante de la sociedad civil y del tejido económico y asociativo, tras recibir el Premio Nacional de Comercio Interior concedido por el Gobierno de España”.
Pola súa banda, Jesús Pérez Prada destacou a importancia desta experiencia: “es un inmenso honor haber podido representar institucionalmente a ACISA Ribadeo en un acto como este. Durante la recepción tuvimos la oportunidad de saludar y conocer a personalidades de numerosos ámbitos, como el periodístico, cultural, deportivo y social, y de conversar brevemente con algunas de ellas”.
O xerente de ACISA destacou especialmente os encontros cos membros da Casa de Súa Maxestade o Rei: “en primer lugar, participamos en el saludo oficial, junto al resto de invitados, durante el que saludamos a los cuatro miembros de la Familia Real. Posteriormente, durante el cóctel, tuvimos la inmensa oportunidad de conversar brevemente con Su Majestad el Rey. En ese momento tuve el honor de trasladarle a Felipe VI una invitación para visitar Ribadeo, siempre que su agenda se lo permita”.
Carmen Cruzado tamén quixo poñer en valor a experiencia vivida: “fue un honor poder asistir a este acto representando a Acisa y a Ribadeo y tener la oportunidad de acercar ambos nombres a los miembros de la Familia Real, así como participar en los corrillos, charlando y escuchando a representantes de diferentes ámbitos”.
Por último, Jesús Pérez Prada concluíu: “más allá de las opiniones que cada persona pueda tener sobre este tipo de actos, que la Casa de Su Majestad el Rey nos haya invitado a participar y que hayamos podido representar institucionalmente a una entidad como ACISA Ribadeo ante Sus Majestades es, sin duda, un hecho que marcará la historia de ACISA y de Ribadeo. En estos momentos formamos parte de una lista muy reducida y exclusiva de entidades que como la nuestra han tenido la oportunidad de asistir a este evento”.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



