NOTA DE PRENSA
FERNANDO SUÁREZ PÍDELLE SENTIDIÑO Á DEPUTACIÓN E Á XUNTA PARA QUE DUNHA VEZ POR TODAS ACOMETAN O ARRANXO DA PONTE DE ARANTE, DESTROZADA POLAS INUNDACIÓNS DE XUÑO. O REXEDOR ADVIRTE QUE A SITUACIÓN EMPEOROU NOS ÚLTIMOS MESES.
Ribadeo, 25 de outubro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pídelle sentidiño á Deputación e á Xunta para que dunha vez por todas acomentan o arranxo da ponte de Arante, destrozada polas inundacións do pasado mes de xuño. O rexedor entende perfectamente as críticas realizadas polos veciños esta fin de semana.
Suárez Barcia referíuse “a este encontro, a esta xuntanza ou pequena concentración que mantiveron varios representantes veciñais xunto co cura párroco que leva a igrexa de Nosa Señora das Virtudes en a Ponte de Arante. E eles o que veñen dicir é o mesmo que leva dicindo o Concello desde hai tempo, digo isto porque van logo catro meses desde que as choivas deixaron a ponte en moi mal estado e a cousa non é que estea igual que antes, senón que está peor porque os coches e os peóns non poden pasar. Todo o sistema de peso, de carga tanto dos camións dos Irmandiños, dos que sacan madeira, do leite e dos coches dos veciños teñen que ir por camiños municipais que moitas veces non están preparados para soportar tanto peso”. O alcalde explicou que “nos últimos tempos estáse sacando moita madeira por aí e están a estropear de maneira acelerada os camiños municipais. Efectivamente por algún lado teñen que saír as mercadorías e esta xente e iso non o podemos impedir, pero sí que estamos un pouco fartos porque non hai feito nada, estánse a pasar a pelota uns aos outros, a Xunta á Deputación e a Deputación á Xunta, as dúas institucións teñen a mesma parte de culpa. O que teñen que facer os técnicos da Deputación e da Xunta é poñerse de acordo para ver si a ponte se rehabilita ou non, si se fai cun ollo, con dous ou con tres, pero o que non poden é estar catro meses discutindo, botándose a culpa mutuamente, mandándose cartiñas porque o inverno está entrando e si volvemos ter unha crecida importante do río igual nos lamentaremos de cousas peores”.
O rexedor ribadense pídelles “sentidiño tanto da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta como da presidencia da Deputación de Lugo para que, por favor, deixen as súas liortas partidarias a un lado e dígolles o que lles dixen a través dunha carta hai un par de meses, que veñan si queren ao Concello de Ribadeo para falar, pero que non sigan a dar este espectáculo porque moito me temo que os veciños, e con toda a razón do mundo e eu estarei con eles, se manifestarán o día menos pensando e seguro que van dicir cousas que tanto o presidente da Deputación como a Xunta non van querer ouvir e desde logo que os veciños teñen toda a razón porque pasaron catro meses e nada se fixo e o tema lonxe de mellorar está a empeorar día tras día polo destrozo dos camiños municipais”.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



