Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanzas informativas da asociación de desenvolvemento da comarca de A Mariña GDR1

A asociación de desenvolvemento da comarca de A Mariña GDR1 mantivo unha xuntanza en Trabada, na parroquia de Sante, cos sectores agrario e forestal. Posteriormente realizou outra xuntanza en Cubelas, no concello de Ribadeo. Os asistentes recibiron información sobre as liñas de axuda do programa Leader 2007-2013 na comarca de A Mariña; pero ademais, aproveitaron para falar sobre a situación do medio rural en xeral e dos sectores primarios en particular.

Exit mobile version