A asociación de desenvolvemento da comarca de A Mariña GDR1 mantivo unha xuntanza en Trabada, na parroquia de Sante, cos sectores agrario e forestal. Posteriormente realizou outra xuntanza e... Ler máis
Nota de prensa: Mondoñedo, 23 de novembro de 2010 AS XUNTANZAS DO GDR COS SECTORES AGRARIO E FORESTAL ESTÁN A DESENVOLVERSE CUNHA IMPORTANTE PARTICIPACIÓN. Nas dúas xuntanzas que se levan ce... Ler máis
Nota de prensa Mondoñedo, 19 de novembro de 2010 O GDR INICIA NA PRÓXIMA SEMANA UNHA ROLDA DE XUNTANZAS COS SECTORES AGRARIO E FORESTAL. Nestas xuntanzas explicaranse as axudas destinadas a... Ler máis
Nota de Prensa Mondoñedo, 15 de outubro de 2010 A XUNTA DIRECTIVA DO GDR APROBA A REALIZACIÓN DE NOVOS PROXECTOS CON FINANCIACIÓN DO PROGRAMA LEADER POR UN IMPORTE DE 88.000 EUROS Coa aproba... Ler máis
MONDOÑEDO .- A problemática que pode causar nas explotacións o incumprimento sistemático da normativa motivou o posicionamento da Xunta Directiva do GDR. A Xunta Directiva do Grupo de Desenv... Ler máis
MONDOÑEDO .- A Xunta Directiva do GDR da comarca de A Mariña aprobou, ao abeiro do programa Leader 2007-2013, axudas destinadas á construción dunha residencia e un centro ocupacional para pe... Ler máis
MONDOÑEDO .- Unha vintena de empresas colaboraran co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Comarca de A Mariña na difusión do Plan Leader, aportarán información a súa clientela e actuarán... Ler máis
MONDOÑEDO .- O Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de A Mariña convocou para mañá, martes 2 de Marzo, un acto público no que se procederá á sinatura dun protocolo de colaboración na di... Ler máis
A MARIÑA .- Unhas trinta empresas do sector da asesoría, xestoría e consultoría de A Mariña asinarán un protocolo co GDR nun acto público que foi convocado para o martes, día 2 de Marzo, ás... Ler máis
MONDOÑEDO .- Unhas trinta xestorías manifestaron interese en asinar o protocolo proposto polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da comarca de A Mariña na xuntanza que mantiveron en Mondoñ... Ler máis
A MARIÑA .- O Grupo de Desenvolvemento Rural reúnese o martes, día 9, as sete da tarde, na Casa da Xuventude de Mondoñedo con empresas de asesoría, xestoría e consultoría da comarca as que p... Ler máis





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



