A MARIÑA .- Unhas trinta empresas do sector da asesoría, xestoría e consultoría de A Mariña asinarán un protocolo co GDR nun acto público que foi convocado para o martes, día 2 de Marzo, ás sete da tarde na Casa da Xuventude en Mondoñedo.
NOTA DE PRENSA
O VINDEIRO MARTES, 2 DE MARZO, TERÁ LUGAR O ACTO DE SINATURA DE PROTOCOLOS ENTRE O GDR E AS EMPRESAS DE ASESORÍA, XESTORÍA E CONSULTORÍA DA MARIÑA.
Ao redor de trinta empresas do sector asinarán este protocolo nun acto público que foi convocado para o martes, 2 de Marzo, ás 19:30 horas na Casa da Xuventude en Mondoñedo.
Despois do primeiro contacto mantido desde o GDR coas empresas na xuntanza convocada por este o pasado 9 de Febreiro, na que se propuxo a sinatura dun protocolo de colaboración na difusión do Programa Leader 2077-2013, o interese suscitado foi en aumento.
Se nun primeiro momento acudiron á cita en torno a unha quincena de representantes das empresas, a día de hoxe esa cifra duplícase e na oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural seguen recibindo solicitudes de información e adhesión ao Protocolo de diferentes empresas da comarca.
Por medio da sinatura deste Protocolo, o GDR adquire o compromiso de poñer a disposición dos particulares interesados no Programa información sobre as empresas asinantes do Protocolo, na medida en que presten os servizos de consultoría ao respecto. Igualmente brinda o seu equipo técnico para a asistencia dos profesionais na elaboración dos distintos proxectos. En canto á cláusula referente ás empresas, estas comprométense a divulgar entre a súa clientela a existencia e as diferentes liñas de axuda do Programa Leader.
A día de hoxe, segue a ser posible adherirse ao Protocolo de colaboración e pode facerse poñéndose en contacto co persoal do GDR nos teléfonos 982.50.71.11 ou 648.92.13.10 ou persoalmente nas oficinas sitas na Casa da Cultura de Mondoñedo.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



