NOTA DE PRENSA
O Ministerio de Fomento recoñece non ter estudado aínda as alegación presentadas por concellos, veciños e colectivos da Mariña ao Estudo Informativo da VAC
Seis meses despois do remate do prazo para a presentación de alegacións os Ministerio nin as ten resoltas nin asume o diálogo para evitar prexuízos aos concellos afectados
Veiga critica a falta de interese do Ministerio nesta infraestructura de comunicación na que nin pon financiamento nin resolve os trámites administrativos
A Mariña, 25 de febreiro de 2010. O Ministerio de Fomento deu resposta a unha iniciativa presentada polo portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, presentada o 8 de outubro de 2009 na que se solicitaba información referida á resolución das alegacións individuais, colectivas e dos concellos da Mariña, así como preguntas relativas posibilidade de apertura dunha mesa de diálogo co fin de achegar posturas cara a un trazado o menos lesivo posíbel co territorio mariñao afectado polo Estudo Informativo da Autovía de Conexión entre Barreiros e San Cibrao cuxo prazo de alegación rematou o 23 de xullo do 2009. Na resposta ministerial de 15 de febreiro de 2010 recoñécese non ter resolto aínda as alegacións presentadas e tampouco se asume a posibilidade de abrir unha mesa de diálogo cos colectivos e institución alegantes.
Una resposta tardía, desconsiderada e imprudente que demostra a falta de interese do goberno
Para o Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga Outeiro, “a resposta ofrecida polo Ministerio ademais de tardía, e desconsiderada e imprudente” xa que contradí o acordado polo Congreso dos Deputados en decembro de 2009 na que todos os grupos parlamentares apoiaron a iniciativa do BNG na que se demandaba o remate deste tramo da VAC Barreiros Ferrol no horizonte de 2014. Veiga fixo mención á tardanza na resolución das alegacións presentadas seis meses despois da súa presentación, para o nacionalista “non e de recibo que un trámite administrativo, no que ademais se negan a abrir o diálogo cos afectados estea aínda sen resolver, a resposta de Fomento deixa claro o desinterese por parte do goberno estatal e adiantar o remate desta infraestrutura”.
A este ritmo e imposíbel o cumprimento dos acordos parlamentares de decembro de 2009
Veiga demandou celeridade por parte do Ministerio na resolución das alegacións que aínda deberá ser informado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, antes da súa aprobación definitiva para despois proceder á presentación do Proxecto Constructivo. Para o nacionalista esta parálise administrativa vai facer imposíbel dar cumprimento ao acordo impulsado polo BNG en decembro de 2009 no que tódolos grupos acordaron instar tanto ao goberno do Estado como á Xunta de Galiza ao remate dos dous tramos da VAC no horizonte de 2014.
Valoración do resultado da reunión da Mesa de Infraestruturas da Mariña
Veiga valorou positivamente o acordo da Mesa de Infraestructuras da Mariña na que se acordas presionar ás dúas administracións a adiantar o remate da VAC no período 2014-2015. O nacionalista deixou claro que para o BNG o acordo a cumprir e o referendado por tódolos grupos políticos tanto en concellos como nas dúas Deputacións provinciais así como no Congreso dos Deputados, que instaban ao remate das obras en 2014, de tódolos xeitos vista a inexistencia dun cronograma por parte do Estado e o retraso da Xunta ao 2017, si a autovía está en funcionamento no 2014 sería unha boa noticia.
Veiga chamou á participación na asemblea que terá lugar o vindeiro sábado en Viveiro
Para o nacionalista a presión social do conxunto da sociedade mariñá e fundamental para acadar o obxectivo de ter unha infraestructura de comunicación que vertebre o norte galego no menor tempo posíbel, “e indispensábel a unión das asociacións veciñais, empresariais, políticas e sindicais para actuar cunha soa voz”. Neste sentido chamou á participación na asemblea que terá lugar o vindeiro sábado ás 13.00hrs. no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



