Viveiro, 4 de xuño, 2026. O Grupo Municipal Socialista votou en contra da modificación da ordenanza municipal aprobada polo goberno do Partido Popular, co apoio de Por Viveiro, que permitirá cobrar entre 80 e 120 euros ás persoas que desexen celebrar unha voda civil no Concello de Viveiro.
O PSOE considera que non é o momento de crear novas taxas nin de incrementar os custos que debe asumir a veciñanza. Sinalan que as familias xa afrontan numerosos gastos e que non comparten que agora se lles obrigue a pagar por un acto que, durante todos os anos de goberno socialista, foi completamente gratuíto.
Para a formación socialista, a celebración dunha voda civil é un acto institucional e un servizo público que debe estar ao alcance de toda a cidadanía sen supoñer un desembolso adicional. Entenden que forma parte das funcións propias dos cargos públicos e da representación institucional do Concello.
As explicacións ofrecidas polo goberno municipal tampouco resultan convincentes para o PSOE. Entre os argumentos esgrimidos figuran os gastos de desprazamento ou a dedicación dos membros da Corporación. Porén, os socialistas lembran que estas tarefas forman parte das responsabilidades inherentes ao cargo, especialmente no caso de representantes que perciben retribucións por dedicación exclusiva ou parcial.
Ademais, consideran difícil xustificar a creación desta taxa cando o retorno económico para as arcas municipais será practicamente insignificante. O número de vodas civís celebradas ao longo do ano é reducido e a recadación prevista sería mínima dentro do orzamento municipal. Por iso, afirman que o prexuízo para a veciñanza é maior que o beneficio económico para o Concello.
Durante os gobernos socialistas nunca se cobrou por este servizo, xa que entendían que o Concello debía facilitar este tipo de trámites e non converter cada servizo nunha oportunidade recadatoria.
O PSOE critica tamén que Por Viveiro volvese apoiar unha proposta do Partido Popular que implica que os veciños e veciñas teñan que pagar por un servizo que ata agora era gratuíto. Consideran que esta decisión evidencia a coincidencia constante entre ambas formacións e a súa disposición a respaldar medidas que supoñen novos custos para a cidadanía.
O PSOE de Viveiro reafirma o seu compromiso cunha administración próxima, útil e sensible ás necesidades da veciñanza, que facilite a vida das persoas en lugar de impoñer novas cargas económicas por servizos que sempre formaron parte da actividade ordinaria do Concello.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



