A militancia socialista elixiu a Aida López Cuadrado como nova secretaria xeral da dirección local
Xove, 6 de xuño de 2026. O PSdeG de Xove abriu unha nova etapa coa constitución da agrupación local e elección da Comisión Executiva Municipal, nunha Asemblea Extraordinaria celebrada na tarde do venres 5 de xuño e enmarcada no proceso de reforzo orgánico do partido de cara ás eleccións municipais de 2027.
A militancia socialista elixiu como secretaria xeral a Aida López Cuadrado, que estará á fronte da nova dirección local co obxectivo de fortalecer o proxecto socialista no municipio, impulsar a participación da militancia e intensificar o contacto directo coa veciñanza.
A Asemblea contou coa participación de representantes socialistas da Mariña e da provincia de Lugo, entre eles o senador César Mogo; a deputada no Congreso Patricia Otero; o alcalde de Foz, Francisco Cajoto; o alcalde de Ourol, José Luis Pajón; a tenente de alcaldesa de Barreiros, Carmen Veiga; e o tenente de alcalde de Alfoz, Cándido Paleo. Tamén asistiron voceiros e voceiras, secretarios e secretarias xerais, cargos orgánicos das agrupacións da comarca e militancia socialista de Xove.
Dende a dirección provincial do PSdeG de Lugo subliñan que este paso permite “reforzar a presenza socialista en Xove e abrir unha nova etapa de traballo político e municipal”. “É unha boa noticia para o socialismo xovense, para a Mariña e para o PSdeG da provincia de Lugo”, engadiron.
A nova Comisión Executiva Municipal queda integrada cos seguintes cargos:
Secretaría Xeral – Aida López Cuadrado
Secretaría de Organización – Fernando López Pedre
Secretaría de Contas – Javier Arca Uria
Secretaría de Política Municipal – Rogelia Mariña Pernas
Secretaría de Comunicación – Marco Samuel Pereira Oliveira
Secretaría de Asuntos Sociais – Sonia Sofia Riveiro
Secretaría de Deporte e Turismo – Vicente Fernández Sánchez
Secretaría de Asuntos do rural – Francisco Louzo Rego






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



