A Executiva local mantivo unha reunión de traballo para analizar as necesidades da veciñanza e reforzar o proxecto socialista no municipio
O Valadouro, 7 de xuño de 2026. O PSdeG de O Valadouro mantivo o pasado venres unha reunión de traballo da súa Comisión Executiva Municipal co obxectivo de avanzar na preparación da candidatura socialista para as eleccións municipais de 2027 e reforzar o proxecto político da agrupación no municipio.
No encontro participaron o presidente da Xestora provincial do PSdeG de Lugo, Lucho Lago; o senador e vogal da Executiva local, César Mogo; o secretario xeral do PSdeG de O Valadouro, Adrián Rego Seijas; o secretario de organización, Alejandro Fernández Reigosa; e a voceira socialista no Concello, María Xosé Barreira Goás.
Durante a reunión, as e os socialistas analizaron a situación actual do municipio e abordaron as principais necesidades da veciñanza, con especial atención aos servizos públicos, o rural, a actividade económica, a atención ás persoas maiores e as demandas das parroquias.
A reunión enmárcase no proceso de fortalecemento das agrupacións locais que a dirección provincial socialista está a desenvolver nos distintos concellos da provincia de Lugo, co obxectivo de reforzar a presenza territorial do PSdeG, impulsar equipos de traballo e preparar as candidaturas para as eleccións municipais de 2027.
As e os socialistas de O Valadouro subliñaron que seguirán traballando nos próximos meses para consolidar un proxecto municipal “aberto, participativo e centrado nas persoas”, capaz de ofrecer unha alternativa de futuro para o concello.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


