Os senadores do PP censuran que o Executivo ignore as reclamacións dos transportistas e profesionais da distribución e reparto
Lugo, 6 de xuño de 2026. Os senadores lucenses do Partido Popular denuncian o “fracaso” das axudas aprobadas polo Goberno de Pedro Sánchez para facer fronte ao incremento do prezo dos combustibles e censuran que o Executivo “ignore as reclamacións do sector, se negue a rectificar e non garanta o cobro das axudas comprometidas”.
José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano advirten de que a resposta oficial do Goberno ás preguntas formuladas polos representantes populares no Senado confirma que “non existe vontade de corrixir os erros dun sistema de axudas que deixa fóra a miles de profesionais e que segue sen chegar a moitos dos seus destinatarios”.
Os populares consideran especialmente grave a exclusión dos vehículos de menos de 7.500 quilos, entre eles as furgonetas empregadas polos profesionais da distribución e do reparto de mercadorías. “Falamos dun sector fundamental para a actividade económica e para o abastecemento da provincia, especialmente nos concellos rurais, que tamén sofre as consecuencias da escalada dos prezos dos carburantes e que, inexplicablemente, queda fóra das medidas aprobadas polo Goberno”, sinalan.
Ademais, lembran que moitos transportistas solicitantes e que cumprían os requisitos seguen sen percibir as axudas anunciadas polo Executivo. “O Goberno non só exclúe a unha parte importante do sector, senón que tampouco está a cumprir cos profesionais que si deberían estar cobrando. É un fracaso dobre: nin as axudas son suficientes nin están chegando a tempo”, afirman.
Os senadores do PP tamén critican que Sánchez rexeite a proposta defendida polo Partido Popular e polos propios profesionais do sector para vincular as axudas a unha porcentaxe do prezo ou do consumo de combustible, en lugar de establecer unha contía fixa por litro. “Nun contexto de forte volatilidade dos prezos, a fórmula elixida polo Goberno resulta claramente insuficiente e perde eficacia a medida que aumenta o custo dos carburantes”, explican.
Os representantes populares censuran “a falta de resposta do Goberno ás necesidades reais dos transportistas e dos profesionais da distribución e reparto” e consideran que a negativa a rectificar evidencia “unha preocupante desconexión coa realidade dun sector estratéxico para a economía e para a cohesión territorial”.
“O Executivo de Sánchez deseñou unhas axudas insuficientes, excluíntes e que, ademais, non están chegando aos seus destinatarios. Os profesionais seguen soportando en solitario o impacto da subida dos combustibles mentres o Goberno mira para outro lado”, conclúen.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



