A Mariña, 4 de xuño, 2026. O senador socialista César Mogo acusou aos representantes do PP por Lugo de “manipulación” e de tentar “alarmar á veciñanza con informacións sesgadas”, asegurando que “teñen as patas curtas”.
Segundo explica, “por moito que xoguen a confundir cos catálogos e as vacantes, o que ocultan —e sábeno porque lles informou o Goberno— é que na provincia de Lugo existen hoxe 28 efectivos máis da Garda Civil que cando gobernaba o PP”.
Mogo subliña que a cidadanía tamén debe coñecer que a porcentaxe de ocupación do catálogo da Garda Civil en Lugo é superior á media estatal. “Sábeno os senadores do PP, porque lles informou o Goberno, pero ocultárono aos veciños e veciñas de Lugo”, afirma.
O senador lembra que entre 2012 e 2018, durante os gobernos do PP, se perderon en España máis de 13.000 efectivos de Garda Civil e Policía, cunha media de 1.800 axentes menos cada ano. Pola contra, desde 2018 —cos gobernos de Pedro Sánchez— ofertáronse 46.000 novas prazas. “Co PP desapareceron miles de prazas; co PSOE creáronse até superar o máximo histórico de axentes. Tamén o sabían os senadores do PP”, engade.
Mogo explica que, con calquera goberno, os catálogos non se cobren ao 100% por razóns de xestión de persoal, “algo que probablemente ignoren os senadores do PP”.
O senador considera “indignante e vergoñento” que o afán do PP por atacar ao Goberno os leve a formular preguntas “sen xustificación posible cando falamos de seguridade cidadá”. Lembra que os datos relativos a postos concretos das comandancias están protexidos pola Lei de Segredos Oficiais. “É unha auténtica irresponsabilidade que non respecten estas limitacións, vixentes desde hai moitos anos. A ansia por sacar cabeza levounos demasiado lonxe”, afirma.
Mogo conclúe que a veciñanza de Lugo debe saber que “con este Goberno hai máis efectivos da Garda Civil que co Goberno do PP. A súa tranquilidade merece a verdade”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



