O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, dirixiu o encontro sobre o desenvolvemento do plan de xestión da sardiña coa arte de xeito co fin de garantir unha explotación sustentable do recurso
Santiago de Compostela, 5 de xuño do 2026. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovactión Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo hoxe unha reunión de seguimento co sector pesqueiro para analizar a aplicación e desenvolvemento do Plan de Xestión da Sardiña con Arte de Xeito correspondente ao 2026, unha ferramenta fundamental para garantir a explotación sustentable deste recurso e a adecuada administración da cota dispoñible.
É a segunda xuntanza que se celebra neste ano, correspondente ao segundo trimestre. Nela participaron as organizacións pesqueiras que forman a mesa do xeito. A reunión serviu para revisar os principais aspectos do plan, aprobado para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026, e que regula a captura da sardiña (Sardina pilchardus) e da xouba nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entre as medidas contempladas neste proxecto destacan os límites de captura establecidos para asegurar o control do stock (100 quilos por tripulante a bordo e día, aos que se lle sumarán otros 100 barco/día) e evitar o esgotamento da cota asignada, así como o mantemento dun seguimento rigoroso das tallas mínimas autorizadas (11 centímetros). Por ultimo, adoptouse establecer un tope de captura de 80 quilos por tripulante a bordo e día, aos que se lle sumarán outros 80 quilos/barco/día.
Ademais, regula o emprego da arte do xeito, unha modalidade tradicional de enmalle de grande selectividade e forte arraigamento na costa galega. Neste caso, especifícase que a dimensión de malla estará comprendida entre os 23 e os 40 milímetros. Polo que respecta á altura máxima, logo de armada, entre trallas ou relingas, o tope será de 16 metros.
Ademais, para cada unha das pezas de rede ou panos, a dimensión establecida é de entre 70 a 100 metros, mentres que a lonxitude máxima por buque e día non poderá exceder os 1.000 metros.
A reunión permitiu avaliar así o funcionamento das medidas implantadas e intercambiar información co sector sobre a evolución da campaña, incidindo na importancia de compatibilizar a actividade pesqueira coa conservación dos recursos mariños.
En total, en Galicia existen 412 embarcacións autorizadas para pescar con esta modalidade. A dispoñibilidade do recurso mellorou nos últimos anos, situándose o stock de sardiña ibérica en máis de 445.400 quilos.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



